SAíDAS MEDIOAMBIENTAIS

Durante o curso o alumnado de todos os niveis fan saídas nas que intentamos continuar a nosa labor medioambiental. As últimas que se fixeron foron a Aqualia, Apípolis e Sogama.

Os de 2º de Primaria foron a Apípolis, unha granxa onde aprendemos o respecto a natureza e a importancia que teñen as abellas para o medio ambente e para o ser humán, dun xeito lúdico. O alumnado vestiuse coa protección necesaria para visitar as colmeas, probaron o mel, fixeron boliños tamén de mel y unha candea coa cera, ademáis de pasaren un día na natureza.

Tedes todas as fotografías nesta ligazón

Tamén os de 3º de ESO fixeron unha visita medioambiental, visitaron Sogama.

Na visita o alumnado aprendeu sobre: 

– Fluxos de residuos urbanos recibidos no complexo e dos municipios de procedencia.
– Identificación, sobre a maqueta situada na área de recepción do edificio de oficinas, das distintas instalacións e a súa funcionalidade.
– Revisión dos principais conceptos relacionados coa xestión dos residuos. Prioridades na xestión. Pautas de clasificación e depósito correcto dos residuos urbanos. Funcionalidade de cada instalación.
Tamén fixeron unha visita guiada ás instalacións centrándose na planta de clasificación de bolsa amarela e na zona de recepción de bolsa negra.

Ainda que non poidades facer a visita, aquí podedes aprender a reciclar xogando.

Esta entrada fue publicada en actividades, Medio ambiente, Sostenibilidad. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.