EMPEZA A PRIMAVERA

Hoxe empeza a témpora de primavera! Para celebralo queremos poñervos ao día do mantenemento da nosa horta.

Manuel volveu a nosa horta a axudarnos facendo novos sementeiros de cenorias, pementos, tomates, porros e demais hortalizas de verán. Removemos a terra e empregamos esterco de cabalo seco e prensado para non ter problema co cheiro. Imos comprobar se os consellos de Manuel sobre abonado teñen éxito.

Aquí están os de 3º de EP seguindo as suas indicacións.

Tamén a profe Mayka quixo traer unhas prantas de leituga e pementos para facer cos da sua clase unha aportación á horta.

Os de 2º de EP estiveron a prantar chícharos. Aquí os tedes na actividade.

Agora a coidar a nosa horta e esperar que o tempo sexa bo para que as nosas hortalizas medren e teñamos unha boa colleita.

Esta entrada fue publicada en actividades, Alimentación, Medio ambiente, Na horta, Para alumnado, Para profesores, Plantar. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.