2016, ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES

Ricas en proteínas e minerais, os legumes non só contribúen a coidar a saúde das persoas senón tamén a do medio ambiente. As súas características, entre as que se inclúen unha baixa pegada ecolóxica e a mellora da fertilidade dos chans, convertéronas nas protagonistas do 2016, o Ano Internacional dos Legumes segundo a Organización das Nacións Unidas (ONU). Estes son os motivos polos que lentellas, garavanzos, judias e outros centos de cultivos recibiron esta honra.

 

SON UN ALIMENTO COMPLETO

Os legumes son ricas en nutrintes e unha gran fonte de proteínas e fibra. O seu contido en proteínas é moito máis alto que o do millo, o trigo ou o arroz. A combinación de legumes con cereais achega unha fonte de proteínas sumamente completa, comparable á proteína animal.

Son tamén ricas en minerais (ferro, magnesio, potasio, fósforo, zinc) e vitaminas do grupo B (tiamina, riboflavina, niacina, B6 e acedo fólico) e teñen un baixo contido en graxa e nada de colesterol.

FOMENTAN A AGRICULTURA SOSTIBLE

Un atributo importante dos legumes é a súa capacidade de fixar o nitróxeno biológicamente. Estas plantas, en simbioses con certos tipos de bacterias (como Rhizobium, Bradyrhizobium), son capaces de converter o nitróxeno atmosférico en compostos de nitróxeno que poden ser utilizados polas plantas en crecemento, o que mellora a fertilidade do chan.
A FAO calculou que as leguminosas poden fixar entre 72 e 350 kg de nitróxeno por hectárea e ano. Ademais, algunhas especies son capaces de liberar fósforo no chan.

Son tamén un cultivo que permite a diversificación. Se se inclúen na rotación de cultivos interrompen os ciclos de insectos e permiten continuar a produción futura na mesma parcela de terra.

AXUDAN A FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

As especies de legumes teñen unha ampla diversidade xenética, que permite que se poidan seleccionar ou desenvolver variedades melloradas. Isto é particularmente importante para a adaptación ao cambio climático, debido a que desta ampla diversidade poden obterse máis variedades resistentes ao clima.

Os legumes fixan máis o carbono que outros cultivos como o millo ou o trigo, o que tamén axuda á mitigación.

E ademáis, están moi boas. Esta ligazón ofrece receitas de cociña  de todo  o mundo con legumes ou nesta outra outras moi saborosas máis nacionais.

Fontes: FAO, Nutriguía.

Esta entrada fue publicada en Alimentación, Legumes, Na horta, Para alumnado, Para profesores, Sostenibilidad. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.