ECO-IDEAS PARA DISMINUIR A ECO-PEGADA

Neste segundo trimestre do curso propoñemos unha actividade común para todo o noso colexio. Pretendemos que cada alumno traia ao colexio unha ECO-IDEA, unha proposta para ser mais sostibles e ecolóxicos no día a día. As aportacións poden ser tan evidentes coma estas: como lavar os dentes ou os pratos sen malgastar auga, aforro enerxético no colexio pechando as portas contra incendios, ter cactus achegados aos ordenadores para absorber as radiacións, levar bolsa propia para facer a compra, etc.

Xa vedes que é unha actividade moi sinxela e que, nembargantes, pode aportar moito a toda a comunidade educativa. Calquera pequeno xesto suma á hora de axudar ao medioambente. Podedes mandar as vosas ECO-IDEIAS polos vosos fillos que as pegarán nos taboleiros, poñelas vos mesmos en calquera momento que veñades ao colexio ou ben mandarnos un comentario ao noso blogue.

Para sensibilizarnos, aportamos nesta entrada algúns datos sobre a PEGADA-HÍDRICA, nome moi churrusqueiro pero que non ven sendo outra cousa que a cantidade de auga que precisamos para facer calquer producto. Aquí tedes esta imaxen que é un resumo ben axeitado do que vos queremos explicar. 

Imos comparar o custo de producir un filete de 300grs de carne de xovenca, para o que xa víchedes que fan falla 4.500L de auga, cunha hamburguesa. 

Según vedes na imaxen precisaríamos 2.500l. Imos ir a cociña e facer o cálculo polo miudo a partires dunha hamburguesa de uns 350 gr (una hamburguesa do McDonald´s de 1€ pesa 133gr). Nosa hamburguesa contén os siguentes ingredientes:

  • 150 gr de carne                                                                   2.310 litros
  • 28 gramos de leituga (cantidade de leituga dun BigMac)            6,72 litros
  • 75 gramos de tomate (3 rodelas)                                               15 litros
  • 12 gr de Kétchup (1 sobrecito)                                                    7 litros
  • 60 gr de pan                                                                            36 litros
  • 18,5 gr de queixo (1 fatia)                                                      17,4 litros

Unha hamburguesa duns 350 gr require de media global: 2.392,12 litros de augua

A fonte dos datos podédela consultar aquí. E, como hai moito mais que saber xa que non so podemos falar de pegada de auga en xeral, podemos especificar pegada de auga verde, azul e gris, podedes aprenderlo aquí.

Esperamos as vosas ECO-IDEIAS. Por certo, que vos parece esta? 

Click para ver el vídeo de la ducha para control del consumo de agua

 

Esta entrada fue publicada en actividades, Actividades en familia, Medio ambiente, Para alumnado, Para profesores, Recursos na rede. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a ECO-IDEAS PARA DISMINUIR A ECO-PEGADA

  1. avatar Silvia dijo:

    Genial iniciativa!!! Y ojalá las ideas pasen a hechos!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.