ÁS VOLTAS COS ALLOS

O mes de xaneiro no campo galego é propicio para a plantación de allos. O noso horto está a esperar que plantemos estes produtos, polo que vos deixamos unhas ligazóns para que todos os profes podamos aprender e baixar co noso grupo.

Allos:
Soamente tedes que traer un allo ben grande e duro. É preferible que utilicedes a parte do horto que lle dá máis sol (a parte próxima a Urzáiz) e cando fagades a vosa fila de allos separados 15cm un doutro e con 30cm entre fileiras, poñedes unha cordiña sobre a liña de plantación identificando o voso traballo co nome do grupo.

Tamén podedes plantalos primeiro en maceta se na vosa clase dá o sol e non regalos moito. Cando empecen a crecer podédelos trasplantar ao horto ou levar alí a maceta.

http://hogar.uncomo.com/articulo/como-plantar-ajos-20496.html

http://www.lahuertinadetoni.es/como-sembrar-ajos-elefante/

http://www.lavidalucida.com/como-plantar-y-cosechar-ajo-paso-paso.html

Esperamos as fotos das vosas intervencións e lembrade que “UN DÍA QUE PASA DE XANEIRO UN ALLO QUE PERDE O ALLEIRO”

Esta entrada fue publicada en actividades, Na horta, Para alumnado, Para profesores, Plantar, Recursos na rede. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.