O AZUCRE NOS ALIMENTOS. ALUMNADO 3ºESO.

Algúns pensan que non consomen azucre porque non usan o azucre como tal na súa dieta, pero si que está presente nos alimentos que consomen.
Por exemplo, cando compramos xamón serrano envasado, se lemos a etiquetaxe nutricional darémonos conta de que un dos ingredientes que posúe precisamente é azucre. Ademais de azucre, en ocasións os ingredientes adoitan ser xarabe de millo de alta fructosa, concentrado de zume de froita, sacarosa, glicosa, dextrosa, mollo de cana, malta, melazas, lactosa, mel, etil maltol e maltodextrina. Son outros nomes que posúe o azucre.

O alumnado de 3º de ESO estivo a estudar a etiquetaxe de bolachas, zumes envasados, refrescos que toman asiduamente e calcularon o azucre que conteñen no seu equivalente en azucarillos. Unha forma moi visual de darnos conta da enorme cantidade de azucre que inxerimos dun modo indirecto.

WP_20151217_11_35_35_Pro WP_20151217_11_35_27_Pro WP_20151217_11_35_18_Pro

Na imaxe inferior pódense ver os efetos secundarios que  se producen no noso corpo despois de tomar un refresco.

Buscamos tamén na etiquetaxe de  alimentos para bebés de entre 1 e 3 anos e atopamos un alto contido en azucre:

Iogures: sen citar ningunha marca, un iogur anunciado para nenos, contén de media uns 16g de azucre, practicamente o total de azucre recomendado para un bebé.

Galletas: moitos pediatras recomendan introducir dunha a tres galletas ao día. Cada 100g de galletas temos 69g de carbhidratos, dos cales aproximadamente 24g son azucres.

Leites de fórmula: segundo varias análises, os leites de fórmula conteñen entre un 28% e un 54% das súas calorías totais procedentes de azucre.
Papillas: tamén teñen un exceso de azucres que en conxunto co resto de alimentos do día poden facer que os bebés estea a consumir un exceso moi elevado de azucres a diario.

O azucre xunto cos almidóns son os dous grupos fundamentais de hidratos de carbono. Ambos proporcionan a mesma cantidade de enerxía por gramo (4 kcal). Os carbohidratos son importantes para o funcionamento do noso organismo. O cerebro precisa case exclusivamente unha subministración constante de glicosa procedente do torrente sanguíneo. O cerebro adulto utiliza aproximadamente 140 g de glicosa ao día; cantidade que pode representar ata o 50% do total de hidratos de carbono que se consomen.

Polo menos a metade da achega enerxética da nosa dieta debería proceder dos hidratos de carbono, e en particular dos almidóns. O almidón está presente nos cereais (arroz, millo, trigo, etc.), os produtos derivados dos mesmos (pan, pasta, etc.), as patacas e os legumes. Os azucres comprenden a sacarosa (ou azucre de mesa, ao que imos chamar ?azucre?), a glicosa, a fructosa, a lactosa e a maltosa, e atópanse naturalmente en alimentos como froitas, verduras e produtos lácteos. 

Se se consome demasiado azucre, tamén o consumo calórico total será superior ao gasto enerxético do día, o que provocará que este se almacene en forma de graxa. O aumento de peso prodúcese cando o consumo de enerxía procedente dos alimentos e as bebidas é maior que a enerxía que se queima a través do metabolismo ou a actividade física.

Os fabricantes de produtos alimentarios e bebidas engaden moitos azucres aos alimentos durante o seu procesado, xa que desempeñan funcións importantes. Os azucres achegan sabor doce, textura, estrutura e consistencia aos alimentos. A textura inflúe moito na palatabilidad (sensación na boca) e, por conseguinte, na aceptación dos alimentos. Outras funcións dos azucres son a conservación de marmeladas e gelatinas, a súa contribución á fermentación do fermento e a súa achega á cor tostada e o sabor dos produtos enfornados.

A ampla gama de chocolates e produtos que o conteñen (bombones, trufas, xeados, cremas…) esconden un alto contido en azucre. Na súa maioría, é o elemento máis abundante, moito máis que o cacao que lles dá cor, aroma e sabor. O abuso de doces predispone, ademais, á obesidade, a diabetes, a carie e os problemas cardiovasculares. a hipertensión arterial, a dislipidémia (colesterol e triglicéridos elevados), a diabetes mellitus, o acido úrico elevado, a enfermidade cardiovascular (infarto), artrite


As chucherías e todo tipo de lambetadas e caramelos están formados por unha mestura de azucres e abundantes aditivos colorantes. Consumir lambetadas con frecuencia ou en gran cantidade é un costume insana que propicia malas dixestións e hinchazón abdominal, alteración na flora intestinal, maior propensión ás diarreas ou ao estreñimiento e ás infeccións de fungos, bacterias e parasitos que, á súa vez, xeran unha maior ansiedade por inxerir azucres.

Aquí os profes podedes descargar unidades didácticas para traballar na aula sobre alimentación.

Aquí atoparedes consellos para o dia a dia das familias e para o comedor escolar e as intolerancias alimentarias.

Esta entrada fue publicada en Alimentación, Para alumnado, Para profesores, Recursos na rede, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.