Cando nos desexamos un ano cheo de saúde e felicidade, temos que pensar que nas nosas mans está a posibilidade de que eses desexos se fagan realidade. Queremos empezar o ano reflexionando sobre a diferenza entre agrocultivo e agronegocio e as suas consecuencias sobre o no noso organismo e o medioambiente.
Este vídeo conta a historia dun tomate de cultivo ecolóxico, o tomate de pobo, que cheira a tomate, criárono con abono animal e deixárono madurar na planta e dun tomate transxénico que medra rápido con abonos artificiais, resultado dunha ecuación química, bonito e sen cheiro. Botádelle unha ollada e a ver que opinades, esperamos os vosos comentarios.
Feliz ano 2016!!!