DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN: 16 DE OCTUBRO

Parece que xa estamos insensibles ante a falta de igualdade na repartición de alimentos; temos medio mundo a dieta voluntaria para adelgazar e o outro medio a dieta forzosa por non ter que comer. O primeiro mundo investiga en substitutos alimentarios baixos en calorías para usar entre a súa afortunada poboación e tamén busca concentrados hiper-proteicos para tratar a desnutrición no resto do mundo esquecido. Hoxe no noso blog, queremos suliñar o problema alimentario na sua vertente MEDIOAMBIENTAL, a relación co calentamento global e a conservación da biodiversidade.

As corporacións transnacionais (TNCs) desprazan a millóns de campesiños e familias de agricultores, homes e mulleres e exprópianlles as súas terras, bosques, auga e territorios para beneficiarse con empresas destrutivas. No mundo, máis de 1.200 millóns de campesiños coas súas familias aseguran a soberanía alimentaria e o dereito á alimentación ao ofrecer ata o 80% dos alimentos consumidos localmente, arrefría o planeta e conservan a biodiversidade e as sementes. O 16 de outubro, hagámonos oír e neguémonos ao acaparamiento de terras, a chamada agricultura climáticamente intelixente, infestada de toxinas agrícolas e sementes xeneticamente modificadas. Reclamemos un cambio radical cara a un sistema alimentario xusto e decente para todos. O correto é adoptar unha agroecología de forma máis ampla e construír a Soberanía Alimentaria.

O poder e a impunidade das TNCs a través da ?democracia do suborno? reprimen as voces do pobo para as políticas e os procesos lexislativos a calquera nivel. A democracia diminúe mentres as clases gobernantes xunto coas TNCs buscan máis beneficios privados. Utilizan os tratados de libre comercio (TTIP, CETA, TTP, EPAs polas súas siglas en inglés) para dominar, discriminar e monopolizar nun intento por sobrevivir á crise capitalista. Non se respecta nin a natureza nin á humanidade, ao contrario, destrúense e explótanse para rexenerar TNCs e crear novos mercados lucrativos. Por tanto, millóns de persoas afectadas abandonan os seus territorios e migran a países desenvolvidos industrialmente.

O noso sistema crea barreiras ecolóxicas e humanas, un cambio é necesario. Falaremos mais adiante do comercio xusto como unha posibilidade que recoñeza as necesidades das persoas, lles outorgue dignidade e respecte a natureza e ás persoas por riba dos beneficios.

Esta entrada fue publicada en Biodiversidade, Medio ambiente, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.