DÍA MUNDIAL DA AUGA. PROPOSTA DE PASEO POLAS ZONAS HÚMIDAS DE VIGO

O domingo 22 de marzo é o Día Mundial da Auga, co gallo deste día queremos convidarvos a un percorrido en familia por algún dos humidais que temos en Vigo.

O Concello de Vigo conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000m2. As máis representativas son as da Bouza,Muiños e Barreiro que se atopan en terreos públicos e o Vao, Goberna e Fontes-Pertegueiras que están en espazos privados.

Que é unha zoa húnida? Para que serve?

Marismas, encoros e turbeiras son zonas húmidas.

-Durante as fortes chuvias, as zonas húmidas reducen a velocidade do fluxo e actúan coma esponxas que absorben a auga e evitan as inundación.

– Melloran a calidade da auga, depúrana e filtran os sedimentos contaminantes.

– A vexetación e as raices controlan a erosión do chan.

– Ofrecen espazos para o recreo público, onde pasear, ver animais e plantas, fotografiar, etc.

– Contribúen a manter o fluxo dos regueiros.

O Vao

Flora

A vexetación máis representativa está formada por salgueiros, amieiros,hedras, lirios amarelos, xuncos, espadanas, buños, feos e fentos.

Amieiros

Follas de amieiro

Si queredes máis información aquí tedes algúns links para faceres unha boa ruta en familia.

Sendeiro panorámico de Vigo

Saiáns

Sendeiro Local de Matamá e San Andrés de Comesaña

Sendeiro Local de Candean

 

Esta entrada fue publicada en actividades, Actividades en familia, Senderismo. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.