A HISTORIA DO BONIATO

Ainda que non saibades que é un BONIATO, a lo menos sonaraibos dos debuxos animados e películas xaponesas e chinesas. Pois nos tamén temos un boniato na nosa Horta que veu de Sudamérica e que é ben bonito. Velo ahí o tedes.

boniato 1 (1024x575)

O BONIATO é unha raíz tuberosa que se pode atopar en variedades branca ou vermella-anaranxada. Nalgúns sitios a variedades branca chámaselle batata e a vermella boniato.A branca é mais común en Estados Unidos e a vemella en Europa e Sudamérica. Según a cor varían as propiedades nutricionais, sendo a vermella mais rica en betacarotenos.

As súas propiedades nutricionais son semellantes as da patata, pero o boniato é mais doce por conter almidóns complexos e azucre. Dependendo da temperatura a que se cociñe son mais ou menos doces, de ahí que se poida empregar en guisos e doces tradicionais. Nalgunhas áreas é típico comelos asados por Todos os Santos, xunto coas castañas.

Ao non conter apenas graxas, aportar fibra, algo de proteinas e predominar os hidratos de carbono, é un alimento excelente para os nenos en idade de crecer e para deportistas. Os betacarotenos ou provitamina A, é un nutrinte esencial polo seu papel na formación e mantenemento dos osos, dentes, tecidos brandos, pel, na visión e na prevención do envellecemento prematuro. Tamén ten ácido fólico, moi recomendable para as embarazadas. Ademáis aporta vitaminas do grupo B (B1, B2, B5 Y B6) e vitamina C.

Con respecto aos minerais, a sua inxesta ofrécenos ferro, potasio, manganeso e cobre. Non é recomendable para a xente con enfermidades dos rils, polo seu contido en oxalatos, pero si para os diabéticos, porque non provoca subidas de insulina súpetas, ademais é un alimento con antioxidantes que axuda a previr enfermedades do sistema cardiovascular e cancro.

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.