ENTROIDO E RECICLAXE

Dende que escomenzamos a aventura da nosa Horta, recollemos as mondas da froita da merenda dos cativos e metémolas na compostera. Deste xeito temos un abono orgánico que producimos por nos mesmos.

Xa fai tempo que tamén puxemos nas aulas contenedores de papel e outro que servía para todo. Este ano, os de 1º Ciclo de Primaria e Infantil, empezaron a traballar a reciclaxe de todos os residuos que hai na aula, poñendo tres contenedores: orgánico, envases e papel.  Este paso pode semellar pequeno, pero a educación na reciclaxe dende a infancia é fundamental para o sostenemento do noso planeta.

Tamén estamos a implantar outras novidades pedagóxicas no centro: o traballo cooperativo e por proxectos. Ao galo disto os de Educación Infantil de 3 anos traballan China, os de 4 anos están aprendendo moito sobre Exipto e os de 5, saben case todo de Roma. No antroido fixeronse os disfraces destes temas e constuíronse uns magníficos escenarios de materiais reciclados para que os nenos se divertiran aprendendo. O dragón de 3 anos,tiña dentes de botes de iogur bebible e ollos de bandexas de porexpan, a Pirámide de 4 anos estaba feita con tetra bricks das merendas e o templo romano de 5 tiña boteias do leite do comedor.

Aquí tedes uns vídeos para que disfrutedes tamén vos do ambiente de festa e apreciedes o traballo que hai detrás. Gracias profes por ter ese ánimo.

22

Preme no link para velo vídeo A mellor pirámide

12

Preme no link para velo vídeo O Dragón Chino

49

Preme no link para velo vídeo O Templo Romano

Esta entrada fue publicada en actividades, Antroido, Reciclaxe, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a ENTROIDO E RECICLAXE

  1. avatar Silvia dijo:

    Encántanme!! NORABOA a esas profes e a os pequechos!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.