Unha lenda sobre o Castiñeiro

Boas a tod@s os visitantes do ciberespacio, debido os últimos acontecementos relacionados coa climatoloxía, o calendario de chuvieira foi sufrindo algunha variación na orde en que tiñamos previsto realizar as activiadades, polo que xa fai tempo que non cumplimos coa nosa actividade de plantación, o cal non nos impide seguir loitando pola mellora do medio ambiente, en este caso coa ilustración dunha lenda sobre o Castiñeiro, realizada polos nosos chuvier@s, esperomos que vos guste

FOLLA 1.- ERIK SABÍN
Chámome Castanea sativa, máis coñecida como castiñeiro. Este é o meu traxe de verano, onde luzo a folla e flor.

FOLLA 2.- MAR
Coa chegada do outono as follas vanse poñendo amarelas e caen. O meu froito, a castaña, madura e cae, servendo de alimento a varios animais, entre eles o home.

FOLLA 3.- TITO
No inverno quedo espido de todo. Bótome a durmir ata a primavera. Este é o meu aspecto.

FOLLA 4.- LAURA
A miña folla é alongada e con borde aserrado. O home consume os seus froitos, as castañas, en magostos, cocidas, con leite, en tartas,…

FOLLA 5.- CARLOS
O home coidanos moito, podándonos no tempo (desmochar) porque é o xeito de que produzamos máis castañas.
Cando vivimos varios castiñeiros xuntos dise que formamos un souto.

FOLLA 6.-
A nosa madeira úsase para moitas cousas, pero principalmente para mobles, fiestras, portas, solos,…

FOLLA 7.- MARÍA
Hai moitas historias, e vouvos contar unha que contaba o meu avó: “Cando se formou a terra, os primeiros poboadores foron as árbores, logo co tempo, os deuses repoboaron con seres máxicos, que tiñan a misión de coidar a Natureza e vivir en paz con ela”.

FOLLA 8.- FRAN
Pero non eran seres perfectos e algúns, guiándose polo mal, deixaron de cumpri-las súas obrigas e comezaron a non deizar que os demáis a cumpliran. Houbo un enfrontamento entre eles que aínda dura ata os nosos días.

FOLLA 9.- LYDIA
Como a cousa era difícil os deuses obrigáronos a se xuntaren todos xuntos unha vez ó ano, esquecendo calquera enemistade ou rencor. Tódolos anos, polo día de defuntos, os seres máxicos fan un magosto no chamado Souto dos Demos.

FOLLA 10.- ALÉN
Todos (trasnos, fadas, demos,…) levan algo para lamber ó pé do castiñeiro máis vello do mundo, que tódolos anos relata a historia de como chegou o calor do sol á terra.

FOLLA 11.- ISAÍAS
Nun momento da noite, unha das magas dálle vida ao castiñeiro quen comeza a conta-la historia de cómo a luz da sol chegou á terra, permitindo así a vida na mesma. Mentres, a maga remexe o pote da queimada.

FOLLA 12.- ALBA
Despois de formada a terra, e cando tódalas criaturas xa a poboaban, houbo un tempo no que a luz do sol escurecía e non chegaba para dar vida. A terra arrefriábase e conxelábase.

FOLLA 13.- DIEGO
Nunha reunión de animais, un paxariño ofrecera ir na procura da calor do sol aínda a risco de se queimar vivo e morrer.  O paxariño colleu un fachiño no seu peteiro e voou cara o sol, pero ardéronlle as plumas do peito.

FOLLA 14.- TANIA
Os demáis paxaros agradecidos pola súa valentía déronlle unha pluma cada un deles, todos menos a curuxa que se negou. Os paxaros condenárona a non desfrutar do sol e a voar só de noite.

One Response

Write a Comment»
  1. [...] Unha lenda sobre o Castiñeiro blog do club chuvieira, actividade de neboa medioaJust another Blogs Programa VozNatura weblog ← Diario de Chuvieira: 2ª Entrega [...]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>