Chuviobservación de aves
Aínda que pareza que Chuvieira está durmida porque temos moi desatendido o noso blog, nada máis lonxe da realidade, Chuvieira segue moi, pero que moi viva.
Hoxe acabamos de chegar da ribeira de Neda onde estivemos a facer unha observación de aves. A pesares do intenso frío da tarde, cargados cos nosos prismáticos, telescopios, guías e cadernos de campo, adicamos un ratiño a identificar e recoñecer algunhas das aves máis frecuentes no entorno do paseo marítimo, nas marismas do fondo da ría de Ferrol. Vimos os corvos mariños pousados coas súas ás a secar, observamos a garza e a garceta, localizamos unha morea de alavancos reais e outras tantas gaivotas choronas.
Foi unha tarde magnífica na que ademáis de aprender tamén xogamos e gozamos dunha magnífica tarde de inverno ó aire libre.
ROTEIRO POLO BELELLE

O PROXECTO VOZ NATURA QUE ESTE ANO ESTAMOS A TRABALLAR ESTÁ CENTRADO NOS RÍOS, NO COÑECEMENTO DOS RÍOS QUE NOS RODEAN DENDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E ETNOGRÁFICO, E NO COIDADO E CONSERVACIÓN DOS MESMOS. POR ISO ESTE ANO ESTAMOS A FACER MOITAS VISITAS ÓS RÍOS DA ZONA, XA SAÍMOS PARA COÑECE-LO RÍO BA QUE TRANSCURRE POR MUGARDOS, HAI UNS DÍAS PERCORREMOS O TRAMO DO BELELLE QUE DISCURRE POR NEDA E POIDEMOS ADMIRAR ALGÚNS DOS MUÍÑOS QUE ADORNAN AS SÚAS BEIRAS E A MAGNÍFICA FERVENZA QUE SEPARA O CONCELLO DE FENE E O DE NEDA, E ESTA MESMA FIN DE SEMANA ESTIVEMOS NA CAPELA PARA COÑECE-LO TRAMO DO BELELLE QUE DISCORRE POR ESE CONCELLO.ALI QUEDAMOS ABRAIADOS COAS ENORMES ROCHAS REDONDEADOS POLA FORZA DA EROSIÓN DA AUGA DO RÍO E POIDEMOS CONTEMPLAR NUMEROSAS MARMITAS DE XIGANTES, OCOS EXCAVADOS NAS ROCHAS PRODUCIDOS POLO CONTINUO VIRAR DE PEQUENAS ROCHAS ARRASTRADAS POLA CORRENT
Un ano máis de Chuvieira
Un ano máis, despois do descanso estival e das obras no local da asociación, que retrasaron o inicio das actividades do clube Chuvieira, iiciamos a nosa andaina medio ambiental neste novo curso escolar 2.009-2.010.
Se non escribimos nada antes foi porque o tempo non nos acompañou e non poidemos facer ningunha das saídas previstas pero de tódolos xeitos estivemos a facer algúns traballos relacionados co medio ambiente no interior do local do clube; estivemos a traballar con materiais de refugallo facendo xoguetes e lapiceiros con botellas de plástico, e portafotos con bandexas de porespan; fixemos tamén murais explicando iso da lei das 3rs que di que un bon ecoloxista ten que reducir o consumo de envases e a merca de cousas inútiles ou innecesarias, que ten que aprender a reutilizar, e que só en última instancia ten que reciclar aquelo que xa non serve para outra cousa.
15ª entrega: Roteiro en bicicleta (2 de maio de 2.009)
O pasado sábado os rapaces e rapazas do clube Chuvieira nos subimos á bici para percorrer parte de Neda e reviindica-la bicicleta como medio de transporte habitual nun concello pequeno como o de Neda no que todo queda relativamente cerca.
Dirixidos por Simón, e precedidos por Protección Civil, iniciamo-lo noso roteiro na Muchiqueira; dende alí nos encamiñamos á Mourela e ó Roxal e dende alí cara á fervenza. Chegados alí descansamos un cachiño, regresamos pola Mourela e dende alí collimos cara á Ponte Grande e anta María onde collimo-lo paseo marítimo de Neda para rematar no albergue de pelegrinos onde merendamos e recuperamos forzas.
12ª entrega: limpeza da ribeira de Neda (21 de marzo de 2.009)
Neste día os rapaces/zas do clube Chuvieira continuamo-la limpeza da ribeira de Neda inicaida no mes anterior; esta vez comezamos por Xuvia, nos dividimo-lo tramo de costa por grupos e nos puxemos mans á obra, a recoller todo o que poidemos. Enchemos moitísimos sacos de envases, botellas baleiras, trozos de porespan, …; atopamos moitas botellas de vidro; sacamos da ribeira un cartel de “prohibidos os cans” que alguén arrrincou e tirou ó mar.
O traballo que fixemos se notou moito pero aínda hai moito máis que quitar; o que nos quedou claro a todos é que o lixo é dun grandes problemas que ten hoxe o medio ambiente, e que na nosa man está axudar a reducilo.
13ª entrega: Roteiro polas fragas do Eume (4 de Abril de 2.009)
Nada máis iniciar Abril, os rapaces/zas do clube Chuvieira se puxeron en marcha e fixeron unha visita ás fragas do Eume. Fixeron a ruta coñecida como “O paso da vella” que dende Monfero nos levou ás proximidades do encoro de Goente. Unha parte da ruta tiña unha boa costa arriba, que foi o que máis nos costou, sobre todo a algún dos nenos máis pequenos que foron axudando pouco a pouco os monitores para ir chegando onde os demáis, pero tamén a costa tiña como aliciente un castiñeiro centenario ó que treparon algúns nenos e nenas. Ó final da ruta nos agardaba unha vista impresionante sobre o encoro de Goente onde os monitores nos explicaron como se almaceba a auga para dar enerxía e nos contaron a lenda dos tres ríos:
A lenda di que un día se xuntaron o río Xuvia, o río Mandeo e o río Eume, decidiron recolle-las súas augas e botar unha carreira, para ver cal dos tres era quen de chegar antes ó mar. Acordaron descansar esa noite e saír ó día seguinte. No medio da noite espertou o río Xuvia, e caladiño se botou a correr para coller ventaxa na súa carreira. Cando pola mañanciña espertou o río Mandeo, veu a trampa que lles fixera o río Xuvia, e se enfadou tanto que se puxo a correr enseguida para tentar acada-lo río Xuvia. O río Eume foi o último en espertar e cando non veu a ningún dos outros ríos foi tal o enfado que se puxo a correr cunha rabia loca, a tal velocidade que excavou o coñecido canón do Eume e chegou á meta antes que ningún dos outros. O enfado do Eume foi tal que a lenda di que en vinganza polo sucedido, cada ano o Eume se traga unha vida humana. E así é.
7ª entrega: limpeza do río Belelle e presentación do caderno (10 de xaneiro de 2.009)
Hoxe os rapaces de Chuvieira tivemos un día completo, fixemos unha chea de cousas!
Primeiro nos achegamos ó río Belelle e percorrimo-las súas beiras dende Santa María ata A Mourela aproveitando o novo paseo fluvial que fixo o concello pola beira dereita para recollar todo o lixo que atopamos ó noso paso. Armados de sacos, e separando o vidro dos envases e doutro tipo de lixo, nun par de horas, enchemos de sacos o maletero da furgneta que levabmos con nós para axudarnos na limpeza.
Acabada a tarefa, tódolos rapaces e máis os nosos pais nos diriximos á Casa das Palmeiras onde se presentaba ó público o CADERNO DE ÁRBORES, un libriño que fixemos nós recollendo as principais características das árbores do noso contorno. Foi un acto moi emotivo que rematou cunha pequena paparota comunal.
6ª entrega: plantación de árbores en Ancos (27 de decembro de 2.008)
Por fin os nenos e nenas do clube Chuvieira poidemos subir ó monte Ancos para continuar coa nosa plantación. Hoxe traballamos a reo, plantamos nin máis nin menos que cento tres castiñeiros. O traballo non foi doado porque no terreo sempre atopamos algunha pedra que nos dificulta a tarefa pero ahí estiveron os monitores da asociación para axudarnos a face-los furados. Despois nós eramos os encargados de aboar e mete-las árbores con cepellón e de tapar cada furado. Din que nuns seis anos poderemos colle-las primeiras castañas dos noso castiñeiros! Mentres tanto nos queda un duro traballo de coidado e mantenemento da nosa plantación.
4ª entrega: as árbores en goma eva (29 de Novembro de 2.008)
Hoxe tiñamos pensado ir de ruta ó Forgoselopara coñecer in situ un exemplo de bosque autóctono pero o tempo foi tan malo que tivemos que suspende-la saída e quedar no local do clube onde adicamo-lo tempo a coñecer un pouco máis as árbores do nos contorno. Os monitores nos explicaron como diferenciar as principais árbores da zona fixándonos na forma da folla e nós reproducimos as follas máis habituais ó noso arredor sobre goma-eva.
Diario de Chuvieira: 14ª entrega (18 de Abril de 2.009
Hoxe os rapaces do clube Chuvieira iniciaron ás catro da tarde unha nova actividade; hoxe non toca plantación, nin toca ruta, nin limpeza de río ou de ribeira, … hoxe toca coloca-las caixas niño. Aínda que un pouco tarde porque xa estamos en Abril e os paxariños xa se andan a “casar” dende o mes de marzo, hoxe os rapaces e rapazas do clube foron camiñando ata un dos terreos que coidamos na zona de Maciñeira e alí están a colocar nestes momentos as caixas niño que tódolos anos deixamos colgadas nesta época do ano e que logo recolleremos cando chegue o outono. Ó lado das caixas os chuvieiros e chuvieiras van colgar comedeiros que atraian ós paxaros da zona cara as caixas.
Ademáis deste chollo hoxe van xogar; os monitores teñen preparados varios xogos relacionados coas árbores, a ver se os chuvieiros amosan o que saben e son capaces de resolver tódalas probas.






