Archivo para Xaneiro, 2012

A charca II parte

Xoves, Xaneiro 26th, 2012

Bos días a todos,vamos contarvos algo: antes, a charca estaba aburrida, sen pintar e un pouco sucia,agora esta así:

-A parede píntase de cores branco,e cando aecou fixeron uns debuxos da cor verde como: Árbores,plantas,herba…Quedou precioso!Agora  teñen que facer algo con todo o do medio…

Pero bueno se todos colaboramos todo se pode arreglar… GRACIAS A TODOS POLO QUE FIXERON ALGO POLA CHARCA!!

A charca

Venres, Xaneiro 13th, 2012

Hola, bos días, somos os xornalistas do grupo ecolóxico, e vamos a contarvos como estaba antes a charca e o que fixemos os membros do grupo ecolóxico:

Antes, a charca estaba  máis fea, porque as paredes estaban sen pintar ect… ,pero entre todos  nós  fixemos  un buraco para a charca, pintamos as paredes, e reformamos moitas cousas máis.

Gracías a todos por axudarnos, e agora deixerémosvos unha foto de como traballamos e como o pasamos.

Ata outro día,  no próximo día ensinarémosvos máis cousas sobre a charca.

Saneamento

Xoves, Xaneiro 12th, 2012

No colexio Pedro Caselles,tiñamos un problemiña: ulía moi mal, estaba embarrado e non se podía pasar por tanto barro.

Que necesitaría este colexio en mal estado? A parte do ximnasio arranxado , necesitabamos o saneamento. Xa que non nos fixeron o ximnasio (polo de agora) fixéronnos o saneamento.

Por fin podemos xogar por todo o patio. Unha aperta.

Ano novo, artigos novos.

Martes, Xaneiro 10th, 2012

Ola, de novo!

Comezamos 2012  con nova actividade neste blog. Como xa levábamos tempo sen publicar, seguro que vos contaremos moitas novas. De momento vai o saúdo, cun enlace a un video sobre o paso do tempo durante o pasado outono no noso recinto escolar. Veredes que bonito!

ojd