A charca II parte

Escrito por caselles
26 de Xaneiro de 2012 a las 12:24h

Bos días a todos,vamos contarvos algo: antes, a charca estaba aburrida, sen pintar e un pouco sucia,agora esta así:

-A parede píntase de cores branco,e cando aecou fixeron uns debuxos da cor verde como: Árbores,plantas,herba…Quedou precioso!Agora  teñen que facer algo con todo o do medio…

Pero bueno se todos colaboramos todo se pode arreglar… GRACIAS A TODOS POLO QUE FIXERON ALGO POLA CHARCA!!

A charca

Escrito por caselles
13 de Xaneiro de 2012 a las 14:35h

Hola, bos días, somos os xornalistas do grupo ecolóxico, e vamos a contarvos como estaba antes a charca e o que fixemos os membros do grupo ecolóxico:

Antes, a charca estaba  máis fea, porque as paredes estaban sen pintar ect… ,pero entre todos  nós  fixemos  un buraco para a charca, pintamos as paredes, e reformamos moitas cousas máis.

Gracías a todos por axudarnos, e agora deixerémosvos unha foto de como traballamos e como o pasamos.

Ata outro día,  no próximo día ensinarémosvos máis cousas sobre a charca.

Saneamento

Escrito por caselles
12 de Xaneiro de 2012 a las 14:31h

No colexio Pedro Caselles,tiñamos un problemiña: ulía moi mal, estaba embarrado e non se podía pasar por tanto barro.

Que necesitaría este colexio en mal estado? A parte do ximnasio arranxado , necesitabamos o saneamento. Xa que non nos fixeron o ximnasio (polo de agora) fixéronnos o saneamento.

Por fin podemos xogar por todo o patio. Unha aperta.

Ano novo, artigos novos.

Escrito por caselles
10 de Xaneiro de 2012 a las 16:31h

Ola, de novo!

Comezamos 2012  con nova actividade neste blog. Como xa levábamos tempo sen publicar, seguro que vos contaremos moitas novas. De momento vai o saúdo, cun enlace a un video sobre o paso do tempo durante o pasado outono no noso recinto escolar. Veredes que bonito!

O mal estado do colexio

Escrito por caselles
16 de Febreiro de 2011 a las 11:12h

O noso colexio está pasando por un mal momento; o chan de madeira do ximnasio está en moi mal estado. Por causas do mal estado do ximnasio e das pistas do recreo non podemos ir as canchas de baloncesto nin a pista de balonmán.
Miráchedes o colexio na televisión?

Pois saímos polo mal estado do colexio, saímos: na VTelevisión, na TV1, en Tele5, no faro de Vigo , na voz de Galicia, e seguro que nalgún sitio máis.


A DESFEITA 2º

Escrito por caselles
2 de Febreiro de 2011 a las 11:17h

Acordádevos da desfeita que fixo o camión? Poís tiveron que porlle vallas para que ninguén pase alí.Todo comezou cando os nenos/as  estaban alí saltando e xogando enriba da terra e a un neno  caíulle un xoguete e acabou todo mollado.

:-P


O día da Paz

Escrito por caselles
2 de Febreiro de 2011 a las 11:11h

Hoxe no colexio é o día da Paz e celebrámolo xuntándonos e cantando unha canción. Este ano cantamos unha canción de Macaco  chamada ” El  mensaje del agua “.

Feliz día da Paz! :-D

Imos coidar unha planta

Escrito por Alfonso
24 de Xaneiro de 2011 a las 20:11h

En datas próximas se porá en marcha un proxecto do concello polo que plantaremos sementes en tarros que coidaremos e iremos observando o crecemento das plantas. Isto é algo parecido ao que facemos en “No recreo,  planto”.

Pero neste caso, as nosas plantas serán expostas en maio nunha Exposición da Asociación de Productores de Tomiño. Seguro que vai quedar moi ben!

O descanso

Escrito por caselles
22 de Xaneiro de 2011 a las 19:00h


Ola! Non visitamos tanto o blog porque estamos ensaiando para

o festival de Nadal. Esta é a última entrada ,ata o trimestre que

ven. Esperamos que vos guste o festival de Nadal un bico

A volta ao cole

Escrito por caselles
22 de Xaneiro de 2011 a las 18:58h

Xa empezou o colexio, entón volvemos á mesma rutina de sempre informarvos das noticias,pero sobre todo hai que estudar,

bueno cando pase algo no colexio xa vos informaremos.

Ata outro día

ojd