Entradas para la categoría ‘Sin categoría’

Venres Verdes polo Clima

domingo, junio 16th, 2019

No mes de xuño nenos e mestres manifestámonos contra o cambio climático. O traballo de concienciación foi moi importante durante este curso,todos en contra do cambio climático.

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

miércoles, junio 12th, 2019
Co motivo da celebración do medio ambiente aproveitamos para traballar coa prensa sobre a importancia de coidar o noso planteta.  Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sustentable. Por iso, é a ocasión para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza.
Cada equipo elixíu unha noticia sobre o coidado do medio ambiente da prensa escrita, depois de analizala e resumila a expuxeron ao resto da clase, para que todos tomemos conciencia do importante que é ser conscientes do dano que lle podemos facer ao noso planeta senón o respetamos.

OS REFUGALLOS TAMÉN SONAN

domingo, junio 9th, 2019

Esta semana gozamos no colexio dun obradoiro musical de mans de José Troncoso, todo un especialista en facer soar todo tipo de materiais de refugallo, botes de metal, botellas e cubos de plástico, latas de conservas e incluso tubos de goma de electrodomésticos.
Animou aos nenos e nenas a construír os seus propios instrumentos nas súas casas e así poder crear ritmos musicais diferentes.
Para que non se diga, non interpreta quen non quere, so é necesario botarlle imaxinación.

24 de Maio Venres Verdes Familias polo clima.

domingo, junio 9th, 2019

De novo un venres máis manifestámonos no colexio pola concienciación medioambiental. Nesta ocasión acompañáronnos as familias. Grazas a todos e todas por acudir ao noso chamamento e compartir este momento.

Durante este manifesto a mestra de música dirixiu ao alumnado de 6º curso na interpretación do seu rap e todos xunt@s finalizamos cunha canción.

O CEP XOSÉ NEIRA VILAS SÚMASE Á CONCENTRACIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO EN GONDOMAR..

miércoles, mayo 29th, 2019
Gondomar acolleu a mañá do Venres 24 de Maio unha concentración de escolares polo clima, con motivo da acción convocada por Friday for Future, movemento inciado pola adolescente Greta Thunberg, nominada ao Premio Nobel da Paz. Na concentración participamos o Cep Xosé Neira Vilas (como facemos , todos os venres dende o 15 de marzo) e o Ceip Antonio Palacios de Porriño. Este foi  o primeiro centro educactivo en España en realizar ditas accións polo clima encabezadas polas mestras Nuria Rodríguez e Miriam Leirós, esta última fundadora de Techers for Future Spain, grupo de docentes de toda España que reclama educación ambiental nas aulas. No acto participamos un total de 250 persoas,que con este acto simbólico reclamamos medidas aos gobernantes.
Para disfrutar da concienciación dos nosos pequenos ,pinchade no seguinte enlace.
VENRES VERDES

Reciclemos e ao medio ambiente axudemos.

lunes, mayo 13th, 2019

Maio cheo de actividades en defensa do Medio Ambiente.

lunes, mayo 13th, 2019

Ca chaegada de maio, continuamos cos Venres Verdes e o paro en contra do cambio climático.

3 de Maio

10 de Maio

O noso centro sumouse a iniciativa de Teachers for Future Spain , unha iniciativa de recollida de firmas simbólicas a favor do coidado do Medio Ambiente. Neste libro asinamos todos os membros da comunidade educativa co obxectivo de facer chegar o libro ao Ministerio de Transición Ecolóxica para o 5 de Xuño Día Mundial do Medio Ambiente. A finalidade é transmitir aos políticos a preocupación xeral desde o ámbito educactivo sobre o cambio climático.

A clase de 3ºA participou no IX Concurso Escolar “Cuidemos el Medio Ambiente” promovendo as iniciativas do alumnado a través de debuxos e movementos de coidado ao medio ambiente.

Despedimos o segundo trimestre cun Venres Verde ao grande.

domingo, abril 21st, 2019

O 12 de abril tocoulle dirixir a sentada aos compañeiros de 4º xunto cos loitadores polo clima doutros cursos. O tempo acompañou e os berros soaron pedindo unha solución a un cambio climático non moi lonxano.

Recordade familias, todo o que fagamos hoxe, axudará ao futuro do planeta Terra.



5 Abril ,Venres Verdes ,manifestámonos polo Planeta.

domingo, abril 7th, 2019

Este venres a chuvia non puido con nós, alumnado e mestres manifestámonos para pedir un mundo mellor e loitar polo futuro do planeta. Fomos moitos os que saímos a manifestarnos , o mal tempo non gañou a nosa ilusión e compromiso.


Familia ecolóxica 100%

domingo, marzo 31st, 2019

A concienciación é moi importante pero a imitación acada moitos logros. Esta semana a familia de Julián e Tomás deron unha lección a imitar, vir e marchar do cole sen contaminar. A maioría da comunidade escolar acude ao centro en bus ou coche ,xa que as distancias o requiren pero sabemos que hai alumando e familias que acuden andando dende os seus fogares . Parabéns ,cada actividade conta para coidar e mimar o noso Planeta.








ojd