Entradas para la categoría ‘saídas’

Estudamos a charca do Curro Vello

sábado, noviembre 12th, 2016

O 19 de outubro os nenos e nenas de 5º fomos á charca do Curro Vello co fin de estudar máis de cerca un ecosistema. Durante a visita acompañáronnos o biólogo Alfredo López co seu can Neptuno e Antón, dúas persoas comprometidas co medio ambiente e coa Comunidade de Montes de Peitieiros.

De camiño á charca atopamos una rocha cunha placa conmemorativa e Alfredo explicounos que era unha homenaxe aos comuneiros da zona polo seu labor de loita e conservación da contorna.

Ao chegar ao noso destino, contemplamos diferentes árbores autóctonas como bidueiros, castiñeiros, ameneiros, carballos, piñeiros, moitas delas plantadas polos nenos e nenas do colexio en anteriores visitas á charca. Algunhas destas árbores tiñan ramas rotas e no seu tronco amosaban unhas marcas, coma se lles faltara a codia, e Alfredo indicounos que eran producidas polos cabalos e as vacas que se refregaban contra elas para rascarse e afiar os cornos. Nalgunhas árbores vimos liques, unha especie de fungo moi resistente á secura, ao frío e á calor.

Tamén observamos buratos no chan e que a terra estaba levantada, entón Antón e Alfredo dixéronnos que eran os xabarís que removían a terra cos seus fociños en busca de alimento. No solo atopamos moitos cogomelos e fungos de diferentes especies.

Encamiñámonos ata a charca e Alfredo meteuse nela para ensinarnos os xuncos, a vexetación por excelencia deste ecosistema de auga doce, así como os animais máis característicos da mesma: caracois de auga, cágados,  ras, tritóns, píntegas. Tamén atopamos larvas de insectos, libélulas, mantis relixiosa, saltóns.

20161019_115222
20161019_115707 20161019_125209

Co fin de que puideramos observar con maior precisión algún dos animais da charca, Alfredo e Antón tíñannos preparado un acuario con anfibios, cágados e ras principalmente, que non paraban de saltar e intentar saír do recipiente, de feito unha ra conseguiu fuxir, foi moi divertido!.

Chegou a desexada rolda de preguntas para aclarar todas as nosas dúbidas e curiosidades e realizar algúns comentarios. Alfredo respondeu a todas as nosas cuestións gustosamente e nós procuramos recoller a interesante información que nos aportaba nunha ficha que, anteriormente, prepararamos e traballaramos na aula.

Xa chegaba a hora de rematar a visita e despedirnos de Alfredo e Antón, non sen que antes nos lembraran a importancia de continuar mantendo este ecosistema, xa que de nós, os nenos e nenas da contorna, dependerá a súa futura conservación.

Tras esta agradable e  frutífera xornada, merendamos na área recreativa de Peitieiros antes de volver ao colexio.

Álbum de fotos

20161019_110625

A Balea Negra

sábado, febrero 23rd, 2013

O alumnado do 2º ciclo visitou fai uns días El Museo de Arte Contemporánea de Vigo co gallo da inauguración dunha exposición baixo título a Balea Negra. Esta exposición ten como punto de partida a crise acontecida polo accidente do Barco Prestige o 13 de novembro de 2002, coincidente co día no que se inaugurou o Museo Marco.

Estas fotos amosan unha pequena parte do que puidemos ver. Ademais deixámosvos un artigo feito por Lara, unha nena de 4º B que nos conta todo o que aprendeu nesta visita.

Oxalá non volvan suceder desgrazas deste tipo que provocan irreparables danos na natureza.

                                             Preme no seguinte título para ler o artigo realizado por Lara de 4ºB.

170120131968 170120131965 170120131969 170120131971 170120131964 170120131962 170120131961 170120131959 170120131957 170120131954 170120131953 170120131950

Estas son as máscaras que fixemos con papel e cartón. Quedaron todas moi orixinais e coloridas. De que xeito tan barato e con que pouco material se poden facer cousas tan bonitas, non credes?

280120131972 280120131974 280120131975 280120131976 280120131977

O 1º Ciclo no viveiro

jueves, marzo 24th, 2011

O martes, 22 de marzo, o alumnado do 1º Ciclo tamén fixo unha plantación no viveiro forestal que está fronte ao colexio. Os monitores Luz, Alfredo e Paula expliacrona importancia deste viveiro para espallar as plantacións de árbores autóctonas na nosa contorna.

Logo aprendéronlles a forma de plantalas, colocando os nenos e nenas por parellas, dándolles as pequenas árbores despois de explicarlles as partes das mesmas. Cando remataron utilizaron a auga para regalas.

Durante a actividade un xornalista de “La Voz de Galicia” fíxolles unhas fotos para publicar nese xornal.

Foi unha actividade moi amena e concienciadora da importancia dos recursos forestais que benefician grandemente a natureza.

Os nosos reporteiros tamén fixeron algunhas fotos das que deixamos aquí algunha mostra.

Reforestamos

martes, marzo 22nd, 2011

Martes, 22 de marzo. O alumnado e profesorado do 2º e 3º Ciclos do noso cole fomos camiñando ata o Curro Vello de Peitieiros para plantar unhas cantas árbores e contribuír á rexeneración desa zona tan bonita. Grazas aos da Comunidade de Montes de Peitieiros; a Luz, a Alfredo, a Carlos… que sempre colaboran moi ben con nós e nos facilitan o labor. Hoxe plantamos érbedos, pradairos…e algún carballo que tiñamos moi ben coidadiño dende hai dous anos no noso arboredo. Para alimentar ben esas árbores, os “plantadores e plantadoras” botáronlles tres tipos distintos de compost, boa terra e auga da poza. Agora esperamos que medren ben e non as leve ningún incendio que apareza por aí.

Para mostra deixamos estas fotos para que vexades o traballiño que pasaron estes amantes da natureza.

ojd