Entradas para la categoría ‘Reciclaxe’

ÚNETE AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS CON… OS ELECTRECOS.

jueves, enero 10th, 2019

O Mércores 9 de Xaneiro visitou aos nenos e nenas de 3º de Primaria un mestre galaico-ruso para explicarnos a importancia de reciclar os aparellos electrónicos e eléctricos e lugares onde se poden levar para a súa reciclaxe, Punto Limpo dos dieferntes concellos e tendas de electrodomésticos. Os nenos e nenas disfrutaron moito , rematando a sesión cun rap sobre a reciclxe. O mestre agasallou aos nenos e nenas cun libro dos Electrecos dos nosos amigos os Bolechas . A Actividade forma parte do noso proxecto de Voz Natura da importancia de reciclar.

O NOSO TEATRO TAMÉN ENSINA A RECICLAR

jueves, enero 10th, 2013

No mes de decembro hai unha semana de animación cultural, con variedade de propostas para o noso alumnado. Esta semana vense facendo como homenaxe e mostra de lembranza á compañeira finada hai cinco anos Josefa Fernández Fontela. Dado que o seu quefacer como profesora do colexio estivo moi motivado polo teatro, sabemos que as representacións teatrais son a mellor mostra de admiración e cariño na súa memoria.

Os/as 17 alumnos/as do grupo- clase de 2º A puxeron en escena o 12 de decembro, para todos os compañeiros do colexio, a obra: Versión “reciclada” da ratiña presumida.
Esta obra ten como base o conto tradicional que conta de protagonista a unha ratiña presumida que quere saber como son e como fan os distintos animais que a pretenden. Este texto é moi motivador para os espectadores pois pódese facer que participen e se impliquen no xogo teatral ao xestualizar e verbalizar as distintas onomatopeas que fan os animais que van pasando.
Pero o máis novedoso desta versión moi libre débese á preocupación que amosa a ratiña pola conservación da natureza e o medioambiente.
Dado que no colexio traballamos nas distintas propostas de Voz-Natura, decidimos concienciar a todos os espectadores na gran importancia que ten a reciclaxe, facendo que a protagonista exprese o seu desexo de querer unicamente a quen de verdade estea preocupado pola NATUREZA. A obra mestura humor e complicidade e invita a todos a sentirse identificados coa preocupación e interese da “recicladora” protagonista.
E dende aquí dicimos, como o fixeron os nosos pequenos actores a todos os animais que se mostraban ignorantes da importancia da reciclaxe:
Se non sabes reciclar
a paseo vante mandar!

E tamén, como premio ao ratiño que recicla porque o aprendeu no colexio Neira Vilas:
Pois se tan ben sabes reciclar,
coa nosa ratiña xa podes casar!

ojd