Entradas para la categoría ‘O cole’

Aumentou a familia!

jueves, marzo 15th, 2012

Xa diciamos que probablemente a coella que aparecera polo colexio tiña intención de ter familia. Pois así foi! Despois de dar voltas e varios intentos de facer tobo, conseguiu instalarse na parte de atrás do edificio e alí tivo os seus fillos. Agora andan tres pequenos saltando e comendo nas verzas que lle pon Marcos todos os días. Ás veces levan grandes sustos cando escoitan os berros dos rapaces e rapazas xogando polo patio. A ver cánto tempo quedan con nós!

Por certo, no anterior post tivemos unha proposta de nome para a nai. Xa que non houbo máis vaille quedar ese. A partir de agora a nai dos coelliños chamarase Marcela, como a do conto.

Aquí vos quedan algunhas fotos dos “pequenos”.

Temos visita

jueves, febrero 16th, 2012

É certo, temos visita e non sei se será para quedar. Hai uns días apareceu unha preciosa coelliña que ronda polo patio do colexio. Descubrimos que está facendo o tobo no xardín, probablemente queira quedar aí para ter os seus filliños. O problema é que con tanta expectación vólvese tola e non sabe para onde ir. A ver se os nosos rapaces e rapazas, que están afeitos a ver animais, a deixan un pouquiño tranquila para que poida facer a súa vida. Ela non molesta a ninguén!

Imos ter que empezar a pensar no nome!

Transplante de cítricos

jueves, febrero 2nd, 2012

A semana pasada fixemos o transplante das árbores que tiñamos no noso arboredo. Nesta ocasión tratábase do cítricos que se plantaran durante o curso pasado (laranxeiras, limoeiros, lima, tanxarinas…).
O noso conserxe Marcos preparounos o terreo facendo os buratos porque era unha zona un pouco difícil. Botámoslles o compost que se preparou cos restos das froitas que comemos nos recreos e mais os restos de herba do xardín.
Cando estaba todo listo fomos baixando por Ciclos para que o alumnado de cada aula puxese a súa árbore. Deste xeito facémonos responsables das nosas árbores e coidámolas con máis cariño.
Agardamos que todas vaian arriba e que dentro de pouco poidamos recoller os froitos.
Aquí quedan algunhas das fotos. As demais podédelas ver na galeria da nosa páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/cepneiravilas/galeria/

O noso cole

martes, noviembre 16th, 2010

O noso cole

Este é o noso Cole.

Somos o CEP “Xosé Neira Vilas”, estamos en Peitieiros, no concello de Gondomar (Pontevedra).

Creamos este blog para dar a coñecer o que facemos, pero sobre todo para que teñades unha canle de participación con opinións, suxestións, actividades…

Vai depender de todas e todos que sexa un blog dinámico, áxil, divertido e moi, moi visitado.

Agardámosvos.

Tamén podedes visitar a nosa páxina web facendo clic aquí.

ojd