Entradas para la categoría ‘muller’

Día da muller traballadora

lunes, marzo 21st, 2011

O día 8 de marzo celebramos este día facendo fincapé nos dereitos das mulleres a ter as mesmas oportunidades que os homes. Para facilitarlles aos nenos do 1º ciclo un tema aínda tan arduo para eles, apoiámonos nun conto moi curioso que vos queremos amosar.

A raíz deste vídeo e da posta en común nas aulas, os nenos e nenas chegaron a conclusións tan interesantes como:
– as nenas e os nenos teñen os mesmos dereitos.
– é desconsiderado que as nenas non teñan os mesmos dereitos que os nenos.
– calquera persoa debería ser libre para vivir a súa vida.
– todas e todos somos capaces de facer as mesmas cousas.
– nenas e nenas xuntos faremos un mundo mellor.
O alumnado máis pequeno pensa así. Será que as novas xeracións comezan a pensar de xeito menos discriminatorio? Vós que pensades? Facédenos chegar os vosos comentarios e non deixedes de visualizar o conto facendo clic na portada.

Rosa caramelo

ojd