Entradas para la categoría ‘galiñeiro’

As galiñas medran…

miércoles, marzo 2nd, 2011

É certo, as galiñas cada vez están máis grandes. Xa logo poñen ovos! Aqueles oviños que tiñamos na incubadora xa son unhas galiñas adultas. E todo grazas aos compañeiros e compañeiras que traen todos os días pan, verzas e todo tipo de comidas que lles gustan a elas. Grazas a eles e aos VIMAS, eses grupos de vixiantes que todos os días no recreo se encargan de levarlles a comida e mais a auga e que as galiñas agradecen con entusiasmo. Non hai máis que ver as fotos.

Seguide colaborando. Queremos ver pronto os primeiros ovos!

ojd