Entradas para la categoría ‘árbores’

OS ECOSISTEMAS DE 5º

lunes, febrero 11th, 2019

A finalidade desta actividade é ensinarlles aos nenos e nenas os compoñentes dos distintos ecosistemas do mundo, informándolles acerca dos esforzos para a súa conservación e permitíndolles explorar a súa creatividade e imaxinación.

Aquí podemos apreciar o momento no que están facendo o seu ecosistema utilizando materias naturais, artificiais e de refugallo, todos foron feitos con caixas de cartón.

Este foi o resultado final.

ECOSISTEMAS TERRESTRES

ECOSISTEMA ACUÁTICO

ECOSISTEMA MIXTO

ECOSISTEMA POLAR

NEGRO CINZA, VERDE ESPERANZA

martes, octubre 24th, 2017

O venres 20 de outubro, tivo lugar no noso centro un acto en repulsa contra a vaga de incendios que asolou o noso contorno e gran parte da nosa terra.

O alumnado de 5º realizou uns murais con recortes de xornais e debuxos propios, apoiados por titulares e slogans, en contra dos lumes e en defensa dunha paisaxe verde e viva.

Todo o alumnado do centro colaborou na confección dun gran cartel repleto de pingas con mensaxes de esperanza, con palabras de ánimo, con verdadeiros desexos de poder contemplar de novo a fermosa natureza que, tan só unhas horas antes, nos envolvía.

No patio do colexio, e como remate do evento, algúns nenos e nenas leron unhas poesías para a nosa Galicia acompañados/as do alumnado e profesorado, unidos polas mans, nunha cadea humana, esa cadea que, con outros protagonistas pero cun mesmo propósito, uniu a centos de cidadáns nunha causa común: “intentar salvar os noso montes”.

A televisión de Galicia acompañounos nesta xornada, gravando o acto e realizando entrevistas a nenos e nenas e a algúns profesores que quixeron manifestar o seu anhelo de recuperar o noso bosque.

Deixámosvos algunhas fotos do evento e os enlaces onde podedes ver o acto.

Programa A Revista da CRTVG , minutos 5 e 27. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-14

video 1

TVG, Telexornal Mediodía informativos. http://www.crtvg.es/informativos/cadea-de-nenos-contra-os-incendios-3511559

video2

UN BOSQUE DE POESÍA

jueves, enero 3rd, 2013

Neste curso estamos levando a cabo traballar en dous proxectos moi relacionados coa natureza e o medio ambiente. Nos primeiros meses o tema son “Os seres vivos: plantas e animais”. Vamos comentarvos algo do noso facer diario no colexio sobre este primeiro tema. Cando chegue o tempo do seguinte proxecto non dubidedes que seguiremos informando pois será tan interesante coma este.
Pedimos a todo o noso alumnado que inventen poesías que teñan como tema as árbores ou os animais, que se fagan de xeito individual ou colectivo, e tamén que copien poesías de grandes poetas. Cada poesía debe ir escrita na súa correspondente folla de papel pero logo hai que facer a silueta de calquera folla das distintas clases de árbores.
Todas as poesías-follas vanse pendurando duns troncos de árbores confeccionados para esa finalidade e así vai medrando o noso”bosque de poesía”. No colexio vamos dándolle a nosa metafórica cor verde á natureza tal como é o lema de Voz-Natura deste ano..Os nenos e as nenas van comprendendo a imaxe e, ademais de gozar das árbores que enchen a natureza, sábense creadores de novas formas de vida: a clorofila virtual que reverdece cos seus acrósticos, as súas rimas, as primeiras poesías ou o coñecemento do que fixeron outros poetas.

Transplante de cítricos

jueves, febrero 2nd, 2012

A semana pasada fixemos o transplante das árbores que tiñamos no noso arboredo. Nesta ocasión tratábase do cítricos que se plantaran durante o curso pasado (laranxeiras, limoeiros, lima, tanxarinas…).
O noso conserxe Marcos preparounos o terreo facendo os buratos porque era unha zona un pouco difícil. Botámoslles o compost que se preparou cos restos das froitas que comemos nos recreos e mais os restos de herba do xardín.
Cando estaba todo listo fomos baixando por Ciclos para que o alumnado de cada aula puxese a súa árbore. Deste xeito facémonos responsables das nosas árbores e coidámolas con máis cariño.
Agardamos que todas vaian arriba e que dentro de pouco poidamos recoller os froitos.
Aquí quedan algunhas das fotos. As demais podédelas ver na galeria da nosa páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/cepneiravilas/galeria/

Que che parece?

lunes, octubre 31st, 2011

Que che parece esta imaxe? Expresa unha opinión. Cóntanos que che suxire, deixa voar a túa imaxinación…

O 1º Ciclo no viveiro

jueves, marzo 24th, 2011

O martes, 22 de marzo, o alumnado do 1º Ciclo tamén fixo unha plantación no viveiro forestal que está fronte ao colexio. Os monitores Luz, Alfredo e Paula expliacrona importancia deste viveiro para espallar as plantacións de árbores autóctonas na nosa contorna.

Logo aprendéronlles a forma de plantalas, colocando os nenos e nenas por parellas, dándolles as pequenas árbores despois de explicarlles as partes das mesmas. Cando remataron utilizaron a auga para regalas.

Durante a actividade un xornalista de “La Voz de Galicia” fíxolles unhas fotos para publicar nese xornal.

Foi unha actividade moi amena e concienciadora da importancia dos recursos forestais que benefician grandemente a natureza.

Os nosos reporteiros tamén fixeron algunhas fotos das que deixamos aquí algunha mostra.

Reforestamos

martes, marzo 22nd, 2011

Martes, 22 de marzo. O alumnado e profesorado do 2º e 3º Ciclos do noso cole fomos camiñando ata o Curro Vello de Peitieiros para plantar unhas cantas árbores e contribuír á rexeneración desa zona tan bonita. Grazas aos da Comunidade de Montes de Peitieiros; a Luz, a Alfredo, a Carlos… que sempre colaboran moi ben con nós e nos facilitan o labor. Hoxe plantamos érbedos, pradairos…e algún carballo que tiñamos moi ben coidadiño dende hai dous anos no noso arboredo. Para alimentar ben esas árbores, os “plantadores e plantadoras” botáronlles tres tipos distintos de compost, boa terra e auga da poza. Agora esperamos que medren ben e non as leve ningún incendio que apareza por aí.

Para mostra deixamos estas fotos para que vexades o traballiño que pasaron estes amantes da natureza.

ojd