Entradas para la categoría ‘animais’

OS ECOSISTEMAS DE 5º

lunes, febrero 11th, 2019

A finalidade desta actividade é ensinarlles aos nenos e nenas os compoñentes dos distintos ecosistemas do mundo, informándolles acerca dos esforzos para a súa conservación e permitíndolles explorar a súa creatividade e imaxinación.

Aquí podemos apreciar o momento no que están facendo o seu ecosistema utilizando materias naturais, artificiais e de refugallo, todos foron feitos con caixas de cartón.

Este foi o resultado final.

ECOSISTEMAS TERRESTRES

ECOSISTEMA ACUÁTICO

ECOSISTEMA MIXTO

ECOSISTEMA POLAR

UN OURIZO AMIGO!

domingo, octubre 21st, 2012

UN OURIZO AMIGO!
O venres durante o recreo houbo unha gran axitación entre os alumnos e alumnas do noso colexio: un pequeno ourizo estaba no patio traseiro! Cando nos achegamos vimos que estaba totalmente pechado en si mesmo e sen ganas aparentes de cambiar de posición. Pero algún neno decidíu botarlle un pouco do pan do seu bocato e, pouco a pouco, o ourizo foi perdendo o medo e a timidez e púxose a comer con moitas ganas. Cada vez había máis alumnos e alumnas que se acercaban a velo comer e seguiron botándolle anaquiños de pan que iba comendo sen parar. Chegou o remate do recreo e os nenos facíanse os remolóns para ir ás súas clases: non querían deixar de observar a este simpático animal! Alguén comentou que había que facerlle unha foto e logo poñela no blog e na páxina web do colexio. O conserxe Marcos contounos que xa fixera outra visita ao patio nos días pasados, entonces decidíu levalo para outra zona do colexio que ten máis vexetación. Como vedes ao noso amigo ourizo non lle fixo ningunha ilusión o cambio e volveu percorrer o cemento das pistas deportivas. Marcos pensa que no patio atopa comida dabondo e se fixo moi cómodo. Eu creo que este pequeno ourizo( é pouco máis ca unha cría) é sabedor de que no colexio Neira Vilas estamos traballando cun proxecto sobre “Os seres vivos” e como representante dos animais vén a facerse o dono e señor para que o estudemos e mimemos. Bueno quero crer que esta é unha boa explicación, ou polo menos a máis motivadora. E isto lévame á idea de que podemos nomealo a “mascota” do colexio mentras traballamos no proxecto e para iso deberiamos poñerlle un nome. Parécevos ben? Queredes ir aportando nomes? Pois a facer campaña no colexio e no blog!

Aumentou a familia!

jueves, marzo 15th, 2012

Xa diciamos que probablemente a coella que aparecera polo colexio tiña intención de ter familia. Pois así foi! Despois de dar voltas e varios intentos de facer tobo, conseguiu instalarse na parte de atrás do edificio e alí tivo os seus fillos. Agora andan tres pequenos saltando e comendo nas verzas que lle pon Marcos todos os días. Ás veces levan grandes sustos cando escoitan os berros dos rapaces e rapazas xogando polo patio. A ver cánto tempo quedan con nós!

Por certo, no anterior post tivemos unha proposta de nome para a nai. Xa que non houbo máis vaille quedar ese. A partir de agora a nai dos coelliños chamarase Marcela, como a do conto.

Aquí vos quedan algunhas fotos dos “pequenos”.

Temos visita

jueves, febrero 16th, 2012

É certo, temos visita e non sei se será para quedar. Hai uns días apareceu unha preciosa coelliña que ronda polo patio do colexio. Descubrimos que está facendo o tobo no xardín, probablemente queira quedar aí para ter os seus filliños. O problema é que con tanta expectación vólvese tola e non sabe para onde ir. A ver se os nosos rapaces e rapazas, que están afeitos a ver animais, a deixan un pouquiño tranquila para que poida facer a súa vida. Ela non molesta a ninguén!

Imos ter que empezar a pensar no nome!

ojd