ENTROIDO CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

avatar Escrito por bertha
5 de marzo de 2020 a las 20:16h

O 21 de febreiro todo o alumnado do CEP Xosé Neira Vilas foi de pasarrúas a Gondomar. Tamén asistiron as alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, IES Auga da Laxe e IES Plurilingüe Terra de Turonio.

O alumnado de 1º e 2º foron de animais contaminados e de illa de plástico, 3º e 4º de árbores queimadas, lápidas e árbores vivas, e 5º e 6º de mergulladores e pescadores con anacos de plásticos. Fomos así, xa que queríamos facer visible o problema da contaminación e a deforestación no noso planeta. Todos os disfraces foron elaborados con material de refugallo, como botellas, tubos, cartón, papel de xornais…

Despois volvemos ao colexio e fixemos unha merenda con receitas típicas do entroido (orellas, filloas…). Estaba todo delicioso!

Para continuar a festa, asistimos ao xuízo do Meco que prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 6º. Este ano o Meco salvouse do lume, pero pegounos un susto de morte cando se levantou da cadeira e botou a correr cara nós.

Para finalizar, xogamos e bailamos ata cansar.

Alumnado de 5ºA

Deja tu comentario

ojd