Venres Verde cheo de Paz.

avatar Escrito por cris
2 de febrero de 2020 a las 22:07h

O 31 de xaneiro o Cep Xosé Neira VIlas realizou moitas actividades relacionadas ca natureza,a ecoloxía e a Paz.

O noso centro colaborou co Ceip Valle Inclán, na elaboración de grullas de papel de refugallo , para acadar o reto de 1000 grullas como símbolo de paz en Xapón no recordo do bombardeo de Hirosima e da historia dunha nena Sadako Sasaki que foi vítima anos despois dese feito. A elaboración das grullas feitas ca técnica de origami foi un traballo de colaboración entre o alumnado de 4º ,1º e 2º. Xunto coas grullas enviamos os desexos das nenas e nenos de Paz que foron expostos nos corredoiros do Ceip Valle Inclán.

Os nosos traballos no Ceip Valle Inclán

O venres 31 de xaneiro realizamos a 2º recollida maxima dos residuos que o alumnado e profesorado trouxeron ese día para a merenda. A concienciación é moi positiva xa que o peso do total foi moi inferior ao peso dos residuos da recollida do recreo no primeiro trimestre. O alumnado de 1º levou a carga da organización e o alumnado que non trouxo ningún residuo acadou o selo na man de «Residuos 0» en agradecemento ao coidado do medio ambiente. Felicitar a clase de 2ºB por acadar so 2 gramos de residuos, seguide así!!!!!!!!!!!!!!! Ao final os residuos foron reciclados.

Recollida «Residous 0» feita no primeiro trimestre

Recollida «Residuos 0» 2º trimestre

Para rematar a mañá, xuntámonos todos na entrada do colexio para concienciarnos da importancia de vivir con Paz todos os días. Cantamos unha canción e fixemos unha plantación na oliveira do patio para conmemorar este día.


Deja tu comentario

ojd