Archivo para enero 6th, 2020

Feliz 2020!!!

lunes, enero 6th, 2020

Nadal Ecolóxico no Cep Xosé Neira Vilas.

lunes, enero 6th, 2020

Moitas foron as actividades propostas para celebrar a chegada do Nadal no centro, algunhas tiveron como fío o coidado do planeta:
Aportación de adornos navideños elaborados con refugallo para decorar unha das árbores do concello de Gondomar, o noso ubicado na casa de Cultura.

Musical ecolóxico grazas ao alumnado de primeiro ciclo e teacher Ana.

Invitación ás familias para a quedada de Venres Verdes do 20 de Decembro, onde coa colaboración do mestre de música cantamos a nosa canción de concienciación polo clima. Grazas Familias por acompañarnos.

A postal máis ecolóxica para desear un bo Nadal a toda a comunidade educativa do cole.

5 de Decembro apoiamos a Asamblea Mundial polo Clima

lunes, enero 6th, 2020

Con motivo das asambleas que se tratan en Madrid nestas datas, o 5 de Decembro os centros que formamos parte de Teachers for Future e Recreos residuos cero fixemos unha gran quedada para dar o noso apoio para salvar o Planeta Terra. Concienciación e práctica ecolóxica é a nosa aportación para coidar o noso fogar, o planeta Terra.


Ademais da quedada, tivemos a gran sorte de contar con Edit , nai do centro e bióloga moi concienciada e que practica a ecoloxía que axuda ao alumnado e profesorado a saber a situación que hai e o que podemos facer. Moitas grazas Edit polas túas ponencias a todos os ciclos.

A planta atrapamoscas.

lunes, enero 6th, 2020

Antía de 4ºA trouxo ao colexio unha planta moi especial “a planta atrapamoscas”. Fixo unha pequena explicación polas clases do colexio de como esta planta de maneira natural atrae as moscas e pequenos insectos e as atrapa chegando a terra e servindo de abono da planta. Unha maneira moi natural de rematar con algún molesto bichiño sen contaminar. Grazas Antía por compartir a información.

Semana Cultural no CEP XOSÉ NEIRA VILAS

lunes, enero 6th, 2020

Do 25 ao 29 de Novembro no colexio disfrutáronse de moitas actividades culturais, algunhas relacionadas co medio Ambiente. Contacontos, Visita de Voltereta e Volvoreta, obradorios interciclos, intercambio de sementes por libros en colaboración coas familias, quedada Venres Verde e por último a visita do biólogo Alfredo López biólogo especialista en cetáceos da costa galega que tratou o tema de coidar o Planeta Terra, xa que os mares están sufrindo a contaminación producida polo home e que repercute na fauna mariña. Moitas grazas Alfredo pola túa visita e pola divulgación e concienciación dada ao alumnado e profesorado sobre a problemática do cambio climático.


ojd