Archivo para noviembre, 2019

O noso corpo relaxado vive mellor.

lunes, noviembre 18th, 2019

Neste curso a clase de 4ºA ten o privilexio de contar cun obradoiro de relaxación realizado por Noelia, unha mami do centro, mestra de yoga. Cada luns comezamos a semana da mellor maneira ,os nosos corpos disfrutan da importancia de relaxarnos e como solucionar momentos de mal estar con estas técnicas de relaxación, coñecer o noso corpo, interpretar emocións e situacións co noso corpo, relaxar a mente, organizar a respiración e sentila, correxir e iniciar posturas corporais axeitadas para o crecemento dos nen@s, sentir o noso corpo …Un placer contar cada semana con Noelia.


Primeira colleita da horta do cole.

lunes, noviembre 18th, 2019

Presentamos os primeiros productos da nosa horta:


NEIRA-RECÍCLATE

lunes, noviembre 18th, 2019

NEIRA-RECÍCLATE

Os amig@s do primeiro ciclo presentan o primeiro obradoiro do NEIRA RECÍCLATE, nel abordaron a alimentación equilibrada e saudable. Conseguiron averiguar a importancia de beber auga e facer exercicio diario, dos hidratos de carbono para que nos dean enerxía, o importante que é comer 5 pezas de verduras/froitas ao día, os lácteos que non falten e proteínas tampouco. Iso sí, o que debemos de consumir pouco ou nada son as chuches xa que son perxudiciais para a nosa saúde pola cantidade de azúcre que conteñen.
Presentamos o resultado final do miniproxecto da alimentación.


Plantación Horta.

lunes, noviembre 18th, 2019

O mes de Novembro non axudou moito a organizar a plantación para a nosa horta, tanta chuvia deixou poucos días para plantar o axeitado nesta época. O mércores 13 e o venres 15 de Novembro algúns cursos armáronse de ledicia para ir animando a nosa horta berzas, perexil… os nenos de primeiro ciclo recolleron datos do plantado.


O MONTE É VIDA

domingo, noviembre 17th, 2019

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha interesante charla sobre a importancia do coidado do monte. Os poñentes, axentes medioambientais do servizo de montes e incendios forestais do Baixo Miño, explicáronnos de xeito ameno e por medio de exemplos reais, as graves consecuencias que os incendios forestais teñen para os humanos, a flora e a fauna, o perigo da contaminación das augas dos ríos, a desaparición de especies motivada por non respectar os períodos de veda da pesca e da caza, etc.

Tamén fixeron mención á loita por frear o cambio climático que está a levar a cabo Greta Thunberg e á que o noso cole leva uníndose desde o pasado curso con diferentes actividades e accións polo clima.

Ao rematar a charla, o alumnado e profesorado foron agasallados cun libriño e unha pegatina para conmemorar o día da árbore o 21 de marzo.

Agardamos que este evento fáganos cada vez máis conscientes da necesidade de coidar o noso entorno, porque o monte é de todo@s.

O alumnado de 6º quere verde o seu monte

Calacús contra o cambio climático.

domingo, noviembre 3rd, 2019

O 30 de Outubro celebramos no centro unha exposición cos calacús decorados polas nenas e nenos xunto coas súas familias. Moitas foron as que lograron mandar mensaxes de coidado para o noso planeta. Os nenos e mestres disfrutamos da vosa imaxinación. MOitas grazas pola participación familias.




CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

domingo, noviembre 3rd, 2019

O CEP XOSÉ NEIRA VILAS participa nun proxecto de dinamización de camiños escolares seguros promovido polo Concello de Gondomar co apoio da Deputación de Pontevedra. O proxecto pretende mellorar a calidade dos accesos ao centro, buscando mellorar os itinerarios para que as nenas e nenos poidan acudir autonomanente á escola, preferiblemente a pe ou en bici, fomentando hábitos saudables e facendo dos accesos e itinerarios espazos máis seguros.O proxecto comprende unha serie de actividades que imos desenvolver no centro nas aulas e dun video para coñecer a dinámica de entrada e saída do colexio. No video aparecerá o estacionamento dos buses, subida e baixada dos nenos dos buses, usos de espazos de espera, a afluencia de coches, problemas de tráfico…

A continuación mostramos unha mostra do traballo de aula do proxecto:

Venres Verdes, disfrutando do Magosto.

domingo, noviembre 3rd, 2019

O 25 de Outubro celebramos O Magosto no Merendeiro de Peitieiros. Alumnado, mestres e conserxe do colexio fixemos unha andaina segura e ecolóxica acompañados pola Policía Local de Gondomar . O coidado da natureza e disfrute dela foi a nosa misión. Os nenos disfrutaron contruíndo mandalas e tipis con elementos naturais, avións con follas, difrutamos das castañas asadas e dos diferentes elementos de refugallo elaborados polos nenos para recoller as castañas, xogos e risas… Ao remate todo o deixamos limpo e sen rastro da nosa visita.

ANDAINA:

ASAMOS AS CASTAÑAS:

XOGOS:

RECOLECTORES DE REFUGALLO DAS CASTAÑAS:

RECORDO DO MAGOSTO:


ojd