Archivo para septiembre, 2019

Recollida residuos merendas durante o patio.

lunes, septiembre 30th, 2019

O 30 de setembro durante o recreo fixemos unha recollida de todos os residuos, que entre todos, enchen as papeleiras diarias do noso colexio. A finalidade da actividade ,era comprobar a gran cantidade de lixo que pódese xuntar nun so recreo. Por cursos fixemos o peso dos residuos para dentro duns meses ,volver a facer a recollida e comprobar se a concienciación fai un cambio nas costumes das merendas dos rapaces do noso cole.

O impacto entre os nenos e mestres foi brutal , xa que non pensábamos que nun recreo puidéramos xuntar tantos residuos. O total do peso entre todas as clases foi de 2 kilos. Esperamos mellorar e reducir os residuos no colexio.Entre todos o conseguiremos!!!!!!


Ao final da actividade cada residuo foi parar ao contenedor apropiado.


Familias polo Clima.

lunes, septiembre 30th, 2019

As familias tamén conmemoran o DÍA POLO CLIMA.

Troco de bicicletas por coches .Boa iniciativa Rafa e Jaime por contribuir no coidado do planeta terra, a nosa casa, a casa de todos!!Iria, César ,Alba, Nuria e Tomás o planeta vos da as GRAZAS!!

FOLGA MUNDIAL POLO CLIMA.

sábado, septiembre 28th, 2019


O 27 de setembro o Cep Xosé Neira Vilas xuntouse para facer unha parada contra cambio climático. Queremos un planeta limpo non un planeta sen futuro. Os nenos plasmaron nos seus carteis ,frases de esperanza, de loita e de impacto sobre o que lle sucede actualmente ao Planeta Terra e no seu futuro senon damos solucións. Queremos un planeta con futuro limpo ,non un planeta a curar.

Mércores Verdes , difusión audiovisual.

jueves, septiembre 26th, 2019

O Mércores 25 tamén estivo cheiño de actividades climáticas, por cursos levouse a cabo a difusión de videos e cortos relacionados co cambio climático, efectos das malas accións …Logo tivemos asambleas para tratar o tema e chegar a conclusións de que facer para evitar a situación.

Martes verdes na semana polo Clima.

martes, septiembre 24th, 2019

Continuando coas actividades organizadas na semana do Clima, hoxe tocou limpeza dos espazos verdes que temos no cole, continuando ca nosa labor do curso pasado. Moitos cambios observamos na horta e no viveiro de carballos e castiñeiros e como era de esperar moitas malas herbas que cortar ,que molestan as nosas queridas árbores e alimentos da horta.

Viveiro.

Horta.

Bonita actividade de concienciación e coidado das árbores e horta. Grazas a nai que axudou á limpeza da horta.

A nosa horta a comezo de curso.

martes, septiembre 24th, 2019

Chegamos moi ilusionados ao novo curso. Unha visita moi esperada por todos foi a de ver como estaba a horta despois do verán. Así atopamos a nosa horta.

O sementado en xuño deu os seus froitos.

Agora, temos unha gran labor de limpeza e reorganización para novas plantacións.

Comeza a andaina da horta, xuño 2019.

martes, septiembre 24th, 2019

A finais de xuño , comezou a andaina da horta, que será lugar de moitas actividades , plantación, limpeza, recolección e disfrute dos nenos e mestres no curso 2019-2020. Todo comenzou ca gran axuda dunha familia moi comprometida ca natureza e ca agricultura ecolóxica que servirá de guia e orientaranos en todo momento nesta nova andaina.

O primeiro foi escoller o lugar.

Materiais e ferramentas.

Distribuir no lugar a futura Horta.

Os nenos de 1º plantaron sementes de cabazas, xudías, tomates e maíz. En setembro veranse os froitos.

Agradecer a gran labor da familia, conserxe e mestras que fixeron o traballo duro do comezo da Horta.

Minuto de silencio polo Planeta Terra.

lunes, septiembre 23rd, 2019

Hoxe luns 23 de Setembro reunímonos no patio do colexio para facer un minuto de silencio contra o cambio climático que sufre o noso planeta. Unímonos aos minutos de silencio que estanse a facer en multitudes de colexios de todo o mundo, para dar conciencia que estamos a tempo de evitar danos no planeta Terra.

Loitamos polo Clima.

domingo, septiembre 22nd, 2019

O Venres 20 de Setembro arrancou no colexio Xosé Neira Vilas o primeiro Venres Verde do curso. O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria saiu ao patio para dar a coñecer a nosa misión de manifestarnos e poñer o noso gran de area para o coidado do planeta Terra. 1º ciclo de primaria participou ca súa pancarta, creación conxunta na que se confronta a nosa Terra doente e a nosa Terra saudable.

O noso centro únese as mobilizacións de folga escolar mundial contra o cambio climático, realizando a semana do 23 ao 27 diferentes actividades que vos iremos amosando. Que se poña de moda coidar o Planeta!!!!!!!

ojd