O CEP XOSÉ NEIRA VILAS SÚMASE Á CONCENTRACIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO EN GONDOMAR..

avatar Escrito por cris
29 de mayo de 2019 a las 21:27h

Gondomar acolleu a mañá do Venres 24 de Maio unha concentración de escolares polo clima, con motivo da acción convocada por Friday for Future, movemento inciado pola adolescente Greta Thunberg, nominada ao Premio Nobel da Paz. Na concentración participamos o Cep Xosé Neira Vilas (como facemos , todos os venres dende o 15 de marzo) e o Ceip Antonio Palacios de Porriño. Este foi  o primeiro centro educactivo en España en realizar ditas accións polo clima encabezadas polas mestras Nuria Rodríguez e Miriam Leirós, esta última fundadora de Techers for Future Spain, grupo de docentes de toda España que reclama educación ambiental nas aulas. No acto participamos un total de 250 persoas,que con este acto simbólico reclamamos medidas aos gobernantes.
Para disfrutar da concienciación dos nosos pequenos ,pinchade no seguinte enlace.
VENRES VERDES

Deja tu comentario

ojd