15 de Marzo 2019 Folga Escolar polo Clima.

avatar Escrito por cris
16 de marzo de 2019 a las 7:29h

No mes de Marzo a comunidade escolar coñeceu a Greta Thunberg, unha estudante e activista sueca de 16 anos que convirtiuse nunha destacada figura das folgas estudiantís pola loita do cambio climático ,sentándose para protestar diante do parlamento sueco xunto cun cartel “HUELGA ESCOLAR POR EL CLIMA”. Esta iniciativa chamou a atención a nivel internacional e inspirou a escolares de todo o mundo a participar en folgas estudiantís.

En España tamén son moitos os centros escolares que participan nas mobiliciacións internacionais cada venres contra o cambio climático iniciado por Greta. O noso centro, ao coñecer estas mobiliciacións, púxose mans a obra, para comezar un grato traballo de concienciación e manifestación para coidar o noso planeta.

O 15 de marzo o Cep Xosé Neira Vilas uniuse a esta loita internacional .A nosa manifestación escolar foi unha gran xuntanza no patio , alumnado e mestres  apoiomos esta gran iniciativa. As pancartas , carteis e pegatinas feitas no colexio encheron de esperanza a este gran problema mundial.

Plantación de castiñeiros e carballos.

avatar Escrito por cris
24 de febrero de 2019 a las 20:50h

Esta semana, ca chegada do bo tempo ,o noso centro disfrutou dunha plantación de árbores xunto coa colaboración da Comunidade de Montes de Peitieiros. O centro tiña como actividade para este ano poñer o noso empeño para reforestar unha parte do bosque máis cercano. Plantamos 20 castiñeiros e algún carballo froito da nosa plantación con Anxo Moure . A Comunidade de Montes preparou un recuncho frente o noso colexio para facer un seguimento semanal de como as nosas árbores van crecendo. O día da plantación medimos as árbores e as bautizamos, cada unha ten un nome escollido polo alumnado Magosto, Xuxa, Mundi,Estrelliña,Xapón…. Semanalmente visitaremos o lugar para limpar de malas herbas , guiar e medir as nosas árbores para cando teñan un tamaño axeitado levalas ao monte. Esta actividade foi dunha gran labor medio ambiental e ao mesmo tempo moi pedagóxica, xa que concienciar aos rapaces do coidado dos nosos bosques é moi importante e necesaria.

Os nosos agradecementos a Carlos e Alfredo que gustosamente acompañaron aos rapaces, Mestres e conxerse nesta actividade dando explicacións e consellos para facer a plantación ben. O noso agradecemento a Xurxo que mimou moito as árbores ata o momento da plantación.

Seguiremos informando da nosa plantación nas vindeiras semanas. Ata pronto!!!!!!

OS ECOSISTEMAS DE 5º

avatar Escrito por reboreda
11 de febrero de 2019 a las 20:33h

A finalidade desta actividade é ensinarlles aos nenos e nenas os compoñentes dos distintos ecosistemas do mundo, informándolles acerca dos esforzos para a súa conservación e permitíndolles explorar a súa creatividade e imaxinación.

Aquí podemos apreciar o momento no que están facendo o seu ecosistema utilizando materias naturais, artificiais e de refugallo, todos foron feitos con caixas de cartón.

Este foi o resultado final.

ECOSISTEMAS TERRESTRES

ECOSISTEMA ACUÁTICO

ECOSISTEMA MIXTO

ECOSISTEMA POLAR

A PAZ PLÁNTASE TODOS OS DÍAS.

avatar Escrito por cris
2 de febrero de 2019 a las 23:01h

No CEP XOSÉ NEIRA VILAS a Paz aprende con nós a divertirse e aprender entre amigos. O día 30 de Xaneiro disfrutamos ca celebración da Paz con teatro “O agasallo da bruxa” dirixida pola titora de 4ºA e os nenos e nenas do Obradoiro de teatro de 3º e 4º , poesía e música coa canción de Mariah Carey “Héroe” cantada e signada en lingua de signos por todos e todas dirixida pola mestra de música e titora de 3ºB . Por último, plantamos a Paz chea de cores con flores na nosa oliveira do colexio. PAZ PARA TODO O MUNDO!!!!!!!

VIXIANTES MEDIOAMBIENTAIS ” VIMAS” NOS RECREOS.

avatar Escrito por cris
20 de enero de 2019 a las 22:14h

Os VIMAS no CEP XOSÉ NEIRA VILAS teñen unha importante misión nos recreos para ter un patio limpo, avisando e animando aos compañeiros a usar as papelairas ubicadas no patio e a reciclar os envases das ricas merendas. Cada día os VIMAS alertan do que non se pode facer para manter o noso patio o máis limpo posible. MOitas grazas pola vosa labor ,o noso cole limpo moito mellor!!!!!!!

ÚNETE AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS CON… OS ELECTRECOS.

avatar Escrito por cris
10 de enero de 2019 a las 21:33h

O Mércores 9 de Xaneiro visitou aos nenos e nenas de 3º de Primaria un mestre galaico-ruso para explicarnos a importancia de reciclar os aparellos electrónicos e eléctricos e lugares onde se poden levar para a súa reciclaxe, Punto Limpo dos dieferntes concellos e tendas de electrodomésticos. Os nenos e nenas disfrutaron moito , rematando a sesión cun rap sobre a reciclxe. O mestre agasallou aos nenos e nenas cun libro dos Electrecos dos nosos amigos os Bolechas . A Actividade forma parte do noso proxecto de Voz Natura da importancia de reciclar.

Feliz Nadal e concienciación ambientall!!!!

avatar Escrito por cris
20 de diciembre de 2018 a las 5:48h

As nenas e nenos do obradoiro de cociña do noso centro prepararon unha árbore de Nadal moi dulce, durante a actividade falouse da importancia e concienciación nestas datas de non cortar árbores para decorar os nosos fogares. As árbores teñen que decorar os nosos bosques. Feliz Nadal a Todos!!!!!!

23 de Novembro Día Mundial dos Bosques Autóctonos.

avatar Escrito por cris
16 de diciembre de 2018 a las 22:00h

Dende o tabolerio de VOZ Natura do centro, informouse aos nenos e profesorado do día e participamos na votación como centro no concurso A Árbore Europea 2019 do Piñeiro Araucano do Castelo de Soutomaior. Moita sorte, Galicia está chea de árbores autóctonas dunha gran beleza.

SOGAMA agasalla recolectores de lixo.

avatar Escrito por cris
16 de diciembre de 2018 a las 21:21h

Este ano SOGAMA fixo un agasallo a cada clase para axudar a recollida do diferente lixo que reciclamos no colexio. Cada clase buscou un recuncho especial para levar a cabo esta labor que estase a levar perfectamente polo alumnado e profesorado. Moitas grazas SOGAMA polo agasallo!!!!!

cof

rhdr

cof

Anxo Moure en CEP XOSÉ NEIRA VILAS.

avatar Escrito por cris
2 de diciembre de 2018 a las 22:40h

Ca organización da visita de Anxo Moure ao noso centro,  fixéronse un montón de actividades  para traballar a importancia da reforestación dos nosos bosques con árbores autóctonas , como  recollida de landras,plantación de landras, decoración de botas para recibir a Anxo Moure, buscar información da árbore do carballo, contos de Anxo Moure e plantación no noso patio do mellor agasallo que puido darnos Anxo ,abrazos cas árbores do noso patio e 4 carballos que veremos crecer no  patio por moitos anos.

Pincha Anxo Moure

ojd