OS SONS DO BOSQUE

avatar Escrito por libruxa
11 de mayo de 2019 a las 15:11h

O alumnado de E. Infantil recibimos a visita de Begoña, monitora de GAIA, que nos propuxo un xogo moi divertido de adiviñar distintos sons do bosque, tanto de animais coma de sons da natureza.

Pasámolo moi ben!! 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free photo slideshow

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO MONTE

avatar Escrito por libruxa
10 de mayo de 2019 a las 18:51h

Durante este trimestre as nenas e nenos de 3º A seguimos aprendendo cousas novas sobre o monte galego. Neste caso, decidimos investigar un pouco sobre algúns tipos de bosque ou ecosistemas que hai en Galicia: o bosque de ribeira, o bosque de eucaliptos, a fraga e o río.

Primeiro buscamos información acerca de onde se atopan, da fauna e flora que caracterizan estes ecosistemas, así como algúns exemplos moi coñecidos dos mesmos en Galicia (as Fragas do Eume, o río Miño, …).

Unha vez tiñamos a información decidimos como construír as nosas maquetas, que especies animais e vexetais engadir, que paisaxes pintar, …

Amosámosvos o resultado de todo o noso traballo neste pequeno vídeo. Esperamos que vos guste!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

HOTEIS PARA INSECTOS

avatar Escrito por libruxa
10 de mayo de 2019 a las 18:49h

A semana pasada as nenas e nenos de 3º A e B realizamos unha actividade moi interesante: construímos uns hoteis para insectos, onde poder refuxiarse e poñer os seus ovos.

Para iso, tivemos a axuda de Begoña, unha das monitoras de Gaia, que trouxo todos os materiais que precisábamos e ensinounos a montalos.

Unha vez estiveron listos, colocámolos no patio do colexio para que os insectos poidan ocupalo.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo!

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

ECOLIMPÍADA: UNHA AVENTURA POLO MONTE

avatar Escrito por libruxa
8 de mayo de 2019 a las 18:51h

Preparamos para celebrar o mes do libro unha “Ecolimpíada: unha aventura polo bosque” na que participarán todos os niveis do cole, cun mapa de búsqueda de dez preguntas (5 para educación infantil), cuxas respostas estarán nos libros de consulta do expositor temático do proxécto, colocado na casa do gardabosques.

     Esta será o punto de partida do percorrido. Pasarán por un camiño con dez paradas onde estarán uns sobres coas preguntas para cada nivel (sobre laranxa para infantil, 1º e 2º e sobre verde para 3º, 4º, 5º e 6º). A aventura remata na casa da bruxa. Alí os espera Libruxa cun cesto onde meterán as follas coas súas respostas. Ao final do percorrido, haberá un sobre grande amarelo cos títulos dos libros onde atopar as respostas, para axudar un pouquiño aos titor@s na búsqueda.

       Elaboramos o mapa coa axuda dos nen@s que se quedan pola tarde na biblioteca e cos debuxos do alumnado de infantil e 1º ciclo. Podemos atopar de todo neste monte, dende diferentes tipos de árbores autóctonas, ata formigueiros, rás, peixiños, esquíos mouchos, lobos, bolborestas….

 

 

Así quedou finalmente o noso mapa. Xa podemos comenzar a aventura!!!!

Con esta actividade pretendemos centrar a atencións dos pequen@s nun tipo de libro que normalmente non levan en préstamo para a súa casa: o libro de consulta e así, estimular e fomentar as súas estratexias de investigación e búsqueda de información nesta sección dos fondos, ao mesmo tempo que pasan momentos divertidos e de lecer colaborando traballando en grupo na biblioteca escolar.

       Para isto, o primeiro paso foi seleccionar os libros máis axeitados e colocalos no expositor do gardabosques

    

                       

 e elaborar as preguntas, xunto coas plantillas para as respostas de cada grupo que se lle entregou a cada titoría:

Ec Olimpia Da by on Scribd

  Así foron as nosas sesións de búsqueda: 

 

 

 

Hoteis de insectos

avatar Escrito por libruxa
6 de mayo de 2019 a las 13:24h

Hai pequenos insectos que desempeñan funcións fundamentais na natureza, nós decidimos prepararlles unhas casiñas e colocalas no patio, así poderemos observalos de preto. Para a construcción destes hoteis de 5 estrelas empregamos todo tipo de materiais: cañas de bambú, pólas, troncos, palla, pinas….e con isto rellenamos unha vella estantería que reciclamos para este uso.

                                                                                     

Vestímonos de primavera

avatar Escrito por libruxa
6 de mayo de 2019 a las 13:14h

Co cambio de estación cambiamos a nosa decoración invernal pola primaveral. É fundamental tomar conciencia do paso do tempo e o cambio das estacións e o que eso implica na natureza.                                                                                                                                            

Xardiñeiros infantís

avatar Escrito por libruxa
6 de mayo de 2019 a las 9:37h

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil prantou a semana pasada leitugas e pementos de Padrón. Aquí vos deixamos como mostra unhas instantáneas!

Cromatografía

avatar Escrito por libruxa
2 de mayo de 2019 a las 17:05h

Na clase de 6ºB iniciámonos na cromatografía facendo o experimento que vos amasamos no seguinte enlace.

Xornal de 6ºA

avatar Escrito por libruxa
2 de mayo de 2019 a las 10:13h

Este é o xornal que fixemos os alumnos de 6ºA sobre temas ambientais, relacionados principalmente coas nosas árbores e inspirados en artigos do diario “La Voz de Galicia”, xornal co que traballamos semanalmente. Esperamos que vos guste e que aproveitedes o noso traballo.

Visita das axentes forestais

avatar Escrito por libruxa
1 de mayo de 2019 a las 23:47h

O pasado 11 de marzo viñeron ó noso centro dúas axentes forestais “Isabel&Isabel”, que desempeñan a súa labor nas zonas de Fonsagrada-Ancares e Meira respectivamente, estiveron acompañadas do garda forestal da nosa zona, porque a pesares de ser esta unha profesión tipicamente de homes hai boa sintonía. Pidímoslles que viñeran por un doble motivo: 1. Dar unha charla aos alumnos de 5º e 6º sobre o coidado do monte e prevención de incendios forestais. 2. Co gallo do Día da Muller, co fin de introducir profesións tipicamente masculinas desempeñadas por mulleres.

A tarefa que desenvolveron na aula consisteu nun primeiro lugar en proxectar un video gravado na súa zona de traballo no que se vian as consecuencias devastadoras dos últimos incendios e os testimonios das persoas que alí viven. Despois fixeron entre todos dous murais que representan a paisaxe antes e despois dun incendio. Tamén lles explicaron en que consiste o seu traballo e as medidas que temos que ter en conta para evitar os incendios forestais. Por último, responderon a curiosidades dos alumnos. Quedamos encantados con esta visita e elas tamén porque consideran que a súa labor non é só a pé de monte senón tamén educativa, de prevención. Grazas a ámbalas dúas.  

ojd