Plantación no monte da Guía

Os nenos e nenas do Ceip Vicente Risco, o luns 18 de febreiro, realizaron unha plantación no monte da Guía de 20 carballos, repoboando os que xa foran plantados fai uns anos. Con motivo do proxecto “Aloumiñando o monte da Guía”, os escolares amosaron o seu apoio e entrega ao traballo que realizan Pablo e Meli representantes da Asociación de Voces polo litoral de Teis.

Esta asociación formada por voluntarios comprometidos co medio ambiente está a facer un labor de loita por recuperar a flora e fauna do Monte da Guía, un dos pulmóns verdes da cidade de Vigo. Da súa saúde depende que esta cidade siga gozando do belo enclave paisaxístico no que se sitúa.

Os voluntarios da Asociación de Voces polo Litoral de Teis envorcan os seus esforzos desde hai algúns anos na erradicación de plantas invasoras tales como a acacia negra, vinda de Australia, que afectan á subsistencia das árbores autóctonas, como os carballos da popular e desprotexida Carballeira da Guía, na que a veciñanza de Teis se reúne para celebrar romarías tan populares como a Festa da Sardiña durante o verán. Os escolares puideron observar os progresos feitos por parte dos integrantes da Asociación na eliminación de exemplares de especies invasoras e traballaron na repoboación dos carballos, engadindo 20 carballos ao fermoso enclave. Tamén observaron o hábitat necesario para a supervivencia do cervo voador, unha variedade única de escaravello tan apreciada mesmo no noso acervo cultural e folclórico.

Os representantes da Asociación de Voces polo Litoral de Teis reclaman maior concienciación por parte dos visitantes ao Monte da Guía no coidado e preservación da natureza; así como, a necesidade da implicación e compromiso por parte da Concellería de Medio Ambiente e do Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero nunha política medioambiental que asegure a boa saúde do segundo monte máis entrañable da Cidade de Vigo, xunto ao Monte do Castro, como é o noso querido Monte da Guía.

Foi un día de aprendizaxe para os nenos e nenas do Ceip Vicente Risco, xa que os verdadeiros e verdadeiras transmisores e transmisoras do coidado e preservación dos montes serán os propios nenos e nenas que estiveron ALOUMIÑANDO A GUÍA neste día tan especial.

As espinacas estaban boísimasss!!!

Hoxe foi un día moi especial e delicioso, disfrutamos moitísimo da nosa colleita!!!

@s nos@s traballadores/as da horta

Os nenos e nenas de 2º de Primaria están traballando a hortiña que temos ao lado do invernadoiro, agora que xa o tempo non comeza a estar tan frío, a ver se podemos recoller moitas cousiñas ricass!!!!!

Hortiña que plantamos…

A hortiña comeza a dar os seus froitos!!!!

Visita moi especial!!!!

Meli e Pablo integrantes de VOCES POLO LITORAL DE TEIS, fixéronnos unha visita moi especial, déronnos a coñecer os diferentes estados da acacia apodrecendo no monte e explicáronnos a necesidade de que este tipo de especies unha vez mortas se queden no monte para que co paso do tempo fagan de sustrato. Tamén coñecimos que as posibilidades que ten o monte de reutilización do seu material son inmensas e un exemplo foi as pequenas obras de arte que nos amosaron!!!

 

 

TALLER VOCES POLO LITORAL DE TEIS

Polilla saudando!!!!

O xardín vertical xa está en marcha!!!

E seguimos!!!!!

Traballo feito polos alumn@s e alumn@s de 2º para concienciar da importancia dos nosos bosques coas follas que recolleron dos bosques e do patio do colexio.

 

 

En construcción!!!

@s alumn@s de 1º e 2º fixeron un hotel de BICHOS e uns semilleiros de flores, non paran de traballar!!!

 

 

Sorpresa nos semilleiros de 2º!!!!!!

Unha crisálida de polilla apareceu nos semilleiros de 2º, comezan a vir visitantes!!!