Entradas etiquetadas como ‘Voz Natura’

PALACIO DE PAPEL

miércoles, abril 27th, 2011

embedded by Embedded Video

Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo nunha das aulas de  Infantil. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias.  Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.

Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

martes, marzo 22nd, 2011
Hoxe, 22 de Marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
Esta celebración comezou en 1992 en Río da Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar, fomentar e concienciar ás persoas e ás nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial, realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos, así como á educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.

Coidémola!!!.

Para que chegue á túa casa, a auga fai un longo percorrido. Primeiro de nada, é almacenada nunha represa. De alí, envíase á planta de potabilización, onde se somete aos procesos de cloración (eliminando algas e bacterias), aireación (para eliminar malos sabores e cheiros), sedimentación, filtración (para eliminar o lodo) e unha segunda cloración. Logo, poderosas bombas eléctricas fan circular a auga a través dun complexo sistema de tubaxes. Necesítase moita enerxía e cartos para bombear auga potable as 24 horas do día. Finalmente, a auga que consomes na túa casa, desemboca nunha rede de cloacas, e desta maneira, o ciclo comeza unha e outra vez.


Só o 1% das reservas mundiais de auga está en África, América, Asia, Europa e Oceanía. A primeira vista, a auga presente nos continentes parece abundante, pero en realidade, non o é. As reservas de auga da Terra distribúense así: Océanos e mares (97%), Casquetes polares e glaciares (2%), Augas subterráneas (0,75%), e Ríos e lagos (0,25%).

 embedded by Embedded Video

embedded by Embedded Video

PAZ NO PLANETA

sábado, enero 29th, 2011

Co gallo do Día da Paz, queremos deixarvos este video sen dúbida para reflexionar.

embedded by Embedded Video

POLO SAMAÍN DECORAMOS CABAZAS

domingo, noviembre 21st, 2010

embedded by Embedded Video

O OUTONO INVÁDENOS!

lunes, noviembre 15th, 2010

Coa chegada do outono, os nenos e nenas de infantil recolleron follas secas, castañas, landras e todo tipo de froitos propios desta estación. Tamén pintaron e disfrutaron decorando as aulas.

embedded by Embedded Video

22 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL SEN COCHE

miércoles, septiembre 22nd, 2010
Dentro da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, hoxe celébrase o “DÍA MUNDIAL SEN COCHES”, que ten como principal obxectivo potenciar o uso do transporte público como medio alternativo e concienciar aos cidadáns dos efectos que os automóbiles teñen sobre o medio ambiente.
Os ecoloxistas chaman a atención sobre as consecuencias que o uso do vehículo ten no medio ambiente. Segundo o Instituto de Aforro da Enerxía (IDAE), por cada litro de gasolina consumido, un coche emite 2,3 kg de dióxido de carbono (CO2); e por cada litro de gasóleo, un 2,6 kg de CO2. Por iso debemos concienciar á cidadanía sobre o feito de que a moderación no uso do coche evita a emisión de gases de efecto nocivo.

O uso da bicicleta, unha alternativa clave para o futuro da mobilidade urbana, ademais de non contaminar, é bo para a nosa saúde e fai das nosas cidades e pobos espazos máis sans e sustentables lugares onde pasear en familia non supoña avanzar en ringleira; onde os nenos poidan xogar nas rúas e non sexa necesario acompañalos cada día á escola porque percibimos o camiño como un perigo; onde ir en bicicleta sexa seguro e cómodo, sexan pequenos ou maiores quen a utilizan; onde podamos sentarnos nunha terraza e ler o xornal ou un libro sen respirar fumes de coches mentres os nenos xogan na rúa e onde se poida aparcar o coche rapidamente cando teñamos realmente que utilizalo.

embedded by Embedded Video

COIDAMOS AS PLANTAS

viernes, junio 25th, 2010
No terceiro trimestre de educación infantil, traballamos o proxecto “Coidamos as plantas”, que xurdiu como consecuencia da creación da nosa horta escolar a da plantación que se levou a cabo a raíz da nosa participación no programa VOZ NATURA. Os nenos/as mostraron moitísimo interese en coñecer diversos tipos de plantas así como en participar nos seus coidados. Cada unha das aulas plantou diversos tipos de sementes que os nenos e nenas tiveron que coidar e regar diariamente. Este é un dos traballos que se fixeron:

Open publication – Free publishing

Ademáis nas clases de Inglés tamén se estudaron as plantas facendo fincapé no vocabulario. Canto aprenderon estes nen@s!

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

lunes, junio 7th, 2010

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS por unha iniciativa canadense.

Os océanos cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccións coa atmosfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel relevante na conformación das condicións que fan posible as distintas formas de vida do planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos.
Unha das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, a quenlla, o peixe espada e as poboacións de merlín.
En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o ano 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS OCÉANOS?
– Reducir de forma significativa o tamaño das frotas industriais;
– Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
– Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
– Pór en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
– Loitar contra os efectos do cambio climático;
– Acabar coa contaminación mariña;
– Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao o medio mariño;
– Protexer os ecosistemas costeiros.

embedded by Embedded Video

OS AMORODOS LISTOS PARA COMER!

domingo, junio 6th, 2010

Ollade como están os amorodos que plantamos!! Despois de tanto tempo saíron uns amorodos moi apetecibles verdade? Isto foi polo moito que se preocuparon os nen@s de infantil en regalos, sobre todo nos días de moita calor. Agora haberá que pensar en merendalos antes de que os paxariños den conta deles.

DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS

sábado, mayo 22nd, 2010

Con motivo da plantación de varias especies de prantas medicinais no noso colexio, organizouse unha degustación de infusións. Foi todo un éxito xa que algunhas das infusións preparadas esgotáronse prontiño..Mmmmm!!!

embedded by Embedded Video

ojd