Entradas etiquetadas como ‘CEIP Sobrada’

PALACIO DE PAPEL

miércoles, abril 27th, 2011

embedded by Embedded Video

Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo nunha das aulas de  Infantil. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias.  Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.

Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.

NOVO CURSO E NOVAS METAS!

sábado, septiembre 18th, 2010

Benvidos ao novo curso escolar 2.010-2.011!. Como parte integrante da comunidade VOZ NATURA, o Ceip de Sobrada continuará traballando na procura dun mundo máis limpo e da mellora medioambiental. Este curso a protagonista será a AUGA, o seu aforro e uso sostible e as actuacións sobre ecosistemas fluviais e marinos. Debemos sensibilizar ó alumnado sobre a importancia da agua como fonte de vida e traballaremos co obxectivo de protexer este valioso recurso.

embedded by Embedded Video

O consumo de auga contaminada ou non potable, provoca o 88 % das enfermidades no mundo. Asegurar  o seu acceso a todos os habitantes, podería salvar a vida de 1,4 millóns de nenos/as cada ano.

embedded by Embedded Video

UN COMEZO ROCKEIRO!

embedded by Embedded Video

MAPA DA NOSA PLANTACIÓN

miércoles, junio 30th, 2010

Despois de un ano de plantación, este é o croquis no que se poden ver os distintos espazos plantados do noso cole.

DE RUTA POLO FURNIA

jueves, mayo 6th, 2010

 

 

 Os alumnos do 2º ciclo visitamos a Aula Aberta da Natureza do río Furnia, guiados por unha monitora que nos deu a coñecer a biodiversidade do lugar. Na visita fomos recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Medioambiente.

22 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA TERRA

miércoles, abril 21st, 2010

Dende o ano 1970 celébrase en todo o mundo o DÍA DA TERRA. O seu promotor, o senador Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común ós problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a TERRA.

 

embedded by Embedded Video

embedded by Embedded Video

TALLER DE RECICLAXE:CANDEEIRO

martes, abril 20th, 2010

embedded by Embedded Video

 Xa sabedes como aproveitar unha botella de plástico facendo unha campá, pois agora, ensinámosvos outra alternativa para que as botellas non acaben no caldeiro do lixo. Imos facer un candeeiro.

Desta volta, empregaremos a parte inferior da botella, que imos decorar con témperas. Para que teña peso e non nos caia enchémola con sal tinguido de cores. Para tinguir o sal basta con frotalo con xiz de cores. E velaí tedes os vosos candeeiros, metédelles dentro as candeas que máis vos gusten e, RECORDADE, só as poden acender os maiores.

AS ÁRBORES DO NOSO ENTORNO

viernes, abril 16th, 2010

O alumnado do terceiro ciclo elaborou este pequeno libriño de árbores do noso entorno. Os pasos que deron para a súa confección: realización dunha enquisa no seu entorno, selección de 10 árbores da zona, distribución destas por grupos para traballar segundo unha ficha-tipo, exposición por cada grupo da súa árbore ó resto do ciclo e por último a montaxe.

embedded by Embedded Video

ASÍ MEDRAN AS NOSAS PLANTAS!

jueves, abril 15th, 2010

Este é o aspecto que presenta a nosa plantación despois de tres semaniñas.

Non pinta nada mal!!!

VISITA A PROGAPLANT

jueves, abril 15th, 2010

embedded by Embedded Video

O alumnado de visitou o viveiro de Goián Progaplant. Aquí podedes algunha das imaxes desa visita.

VISITA A UN VIVEIRO DE GOIÁN

sábado, marzo 27th, 2010

O alumnado de quinto realizou unha visita ó viveiro de Goián e alí puideron coñecer distintas especies de plantas ornamentais(tropicais, mediterráneas..),ademais de descubrir distintas técnicas de rego e sistemas de calefacción que se empregan para o coidado destas especies.

ojd