Entradas etiquetadas como ‘AUGA’

COMEZANDO CO ESTANQUE

miércoles, abril 27th, 2011


Aquí se pode apreciar un pequeno resumo do estanque que estamos a colocar no noso cole con motivo do proxecto de Voz Natura.


Preparando o terreo


Anivelando o estanque


Recollendo pedras e cantos rodados


Carrexando pedras


Colocando as primeiras pedras


Colocando máis pedras e asentando o estanque


Acabando de encaixar e probando o motor


Xa vai collendo forma


Collendo grava


Colocando a gravilla para darlle consistencia ó terreo


Cada vez vai quedando mellor!

15 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

viernes, octubre 15th, 2010

Cada ano 3,5 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos morren debido a enfermidades diarreicas e infeccións respiratorias agudas, segundo UNICEF.

Por terceiro ano consecutivo, hoxe (15 de Outubro) celébrase o DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS: Unha xornada de sensibilización sobre a importancia de lavarse as mans con auga e xabón, que é unha das intervencións de saúde máis eficaces e económicas que existen.
Converter o lavado de mans con xabón nun hábito arraigado podería salvar máis vidas que calquera simple vacina ou intervención médica, reducindo o número de mortes por diarrea en case a metade e as mortes por infeccións respiratorias agudas nunha cuarta parte.

Unha práctica xeneralizada do lavado das mans con xabón contribuirá de forma importante á consecución do Obxectivo do Milenio relativo á redución do número de mortes entre os nenos e nenas menores de cinco anos para o ano 2015.

embedded by Embedded Video

Coa lema “Máis que só un día”, campaña do Día Mundial do Lavado de Mans aspira a que os 200 millóns de escolares de 80 países de todo o mundo que participan na campaña este ano, convértanse en axentes efectivos do cambio.

NOVO CURSO E NOVAS METAS!

sábado, septiembre 18th, 2010

Benvidos ao novo curso escolar 2.010-2.011!. Como parte integrante da comunidade VOZ NATURA, o Ceip de Sobrada continuará traballando na procura dun mundo máis limpo e da mellora medioambiental. Este curso a protagonista será a AUGA, o seu aforro e uso sostible e as actuacións sobre ecosistemas fluviais e marinos. Debemos sensibilizar ó alumnado sobre a importancia da agua como fonte de vida e traballaremos co obxectivo de protexer este valioso recurso.

embedded by Embedded Video

O consumo de auga contaminada ou non potable, provoca o 88 % das enfermidades no mundo. Asegurar  o seu acceso a todos os habitantes, podería salvar a vida de 1,4 millóns de nenos/as cada ano.

embedded by Embedded Video

UN COMEZO ROCKEIRO!

embedded by Embedded Video

ojd