Entradas para la categoría ‘Traballos de aula’

FLORES RECICLANDO

lunes, mayo 2nd, 2011

O alumnado de 1º ciclo realizou estas flores con material de refugallo como papeis de xornal ou botellas de plástico, co motivo do traballo da agricultura levado a cabo nas aulas.






PALACIO DE PAPEL

miércoles, abril 27th, 2011

embedded by Embedded Video

Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo nunha das aulas de  Infantil. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias.  Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.

Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.

A COIDAR DA NATUREZA

viernes, enero 7th, 2011

embedded by Embedded Video

Aquí podemos ver máis traballos realizados polo alumnado de sexto no campamento de inmersión lingüística. Como se pode ver, o campamento estivo totalmente enfocado ó respecto e coidado do medio ambiente.

FLORA

viernes, enero 7th, 2011

embedded by Embedded Video

Traballos realizados polo alumnado de sexto sobre a flora no campamento de inmersión lingüística que tivo lugar en Novembro do 2010 en Guijo de Ávila.

COIDAMOS AS PLANTAS

viernes, junio 25th, 2010
No terceiro trimestre de educación infantil, traballamos o proxecto “Coidamos as plantas”, que xurdiu como consecuencia da creación da nosa horta escolar a da plantación que se levou a cabo a raíz da nosa participación no programa VOZ NATURA. Os nenos/as mostraron moitísimo interese en coñecer diversos tipos de plantas así como en participar nos seus coidados. Cada unha das aulas plantou diversos tipos de sementes que os nenos e nenas tiveron que coidar e regar diariamente. Este é un dos traballos que se fixeron:

Open publication – Free publishing

Ademáis nas clases de Inglés tamén se estudaron as plantas facendo fincapé no vocabulario. Canto aprenderon estes nen@s!

DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS

sábado, mayo 22nd, 2010

Con motivo da plantación de varias especies de prantas medicinais no noso colexio, organizouse unha degustación de infusións. Foi todo un éxito xa que algunhas das infusións preparadas esgotáronse prontiño..Mmmmm!!!

embedded by Embedded Video

APRENDEMOS A COIDAR DA NATUREZA

sábado, mayo 22nd, 2010

As nenas e os nenos do grupo de 5 anos traballamos sobre a contaminación e o lixo, o que podemos facer para coidar da natureza e como nos beneficia ese coidado.
Investigamos moitas cousas sobre os contedores e o que se bota neles, e tamén sobre as cousas que máis contaminan. Así aprendemos a importancia de coidar do noso contorno, queremos ter:
O AIRE MÁIS LIMPO, A TERRA MÁIS LIMPA, E A AUGA MÁIS LIMPA.
Estes son os libriños que elaboramos coas cousas que descubrimos.

AS ÁRBORES DO NOSO ENTORNO

viernes, abril 16th, 2010

O alumnado do terceiro ciclo elaborou este pequeno libriño de árbores do noso entorno. Os pasos que deron para a súa confección: realización dunha enquisa no seu entorno, selección de 10 árbores da zona, distribución destas por grupos para traballar segundo unha ficha-tipo, exposición por cada grupo da súa árbore ó resto do ciclo e por último a montaxe.

embedded by Embedded Video

MURAL 5º

miércoles, abril 14th, 2010

O alumnado 5º está seleccionando artigos de Voz Natura para por no mural da clase.
ojd