Entradas para la categoría ‘TALLER DE RECICLAXE’

FLORES RECICLANDO

lunes, mayo 2nd, 2011

O alumnado de 1º ciclo realizou estas flores con material de refugallo como papeis de xornal ou botellas de plástico, co motivo do traballo da agricultura levado a cabo nas aulas.






PALACIO DE PAPEL

miércoles, abril 27th, 2011

embedded by Embedded Video

Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo nunha das aulas de  Infantil. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias.  Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.

Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.

TALLER DE RECICLAXE:CANDEEIRO

martes, abril 20th, 2010

embedded by Embedded Video

 Xa sabedes como aproveitar unha botella de plástico facendo unha campá, pois agora, ensinámosvos outra alternativa para que as botellas non acaben no caldeiro do lixo. Imos facer un candeeiro.

Desta volta, empregaremos a parte inferior da botella, que imos decorar con témperas. Para que teña peso e non nos caia enchémola con sal tinguido de cores. Para tinguir o sal basta con frotalo con xiz de cores. E velaí tedes os vosos candeeiros, metédelles dentro as candeas que máis vos gusten e, RECORDADE, só as poden acender os maiores.

TALLER DE RECICLAXE:CAMPÁ

jueves, marzo 25th, 2010

embedded by Embedded Video

Unha botella de plástico pode dar moito xogo. Nesta ocasión aproveitámola para… facer música! Si, si, grazas a ela puidemos elaborar unha campá coa que tocar por todas partes, seguro que xa escoitas o seu tintineo dentro da túa cabeza. Anímate a facela! É moi doado.

TALLER DE RECICLAXE: FACEMOS UN PORTALAPIS

martes, marzo 23rd, 2010

Este ano nas aulas de Educación Infantil contamos cun Taller de Reciclaxe que está resultando moi divertido. Desta vez fixemos un portalapis usando soamente uns cartóns, anacos de revistas e rolos de papel hixiénico. Agora vainos ser máis sinxelo ter as pinturas recollidas e así sempre saberemos onde están as nosas cores preferidas.

embedded by Embedded Video

ojd