Entradas para la categoría ‘Plantación 10’

MAPA DA NOSA PLANTACIÓN

miércoles, junio 30th, 2010

Despois de un ano de plantación, este é o croquis no que se poden ver os distintos espazos plantados do noso cole.

OS AMORODOS LISTOS PARA COMER!

domingo, junio 6th, 2010

Ollade como están os amorodos que plantamos!! Despois de tanto tempo saíron uns amorodos moi apetecibles verdade? Isto foi polo moito que se preocuparon os nen@s de infantil en regalos, sobre todo nos días de moita calor. Agora haberá que pensar en merendalos antes de que os paxariños den conta deles.

ASÍ MEDRAN AS NOSAS PLANTAS!

jueves, abril 15th, 2010

Este é o aspecto que presenta a nosa plantación despois de tres semaniñas.

Non pinta nada mal!!!

PLANTACIÓN DE CABAZAS

viernes, abril 2nd, 2010

Continuando coa confección da nosa esperada horta, nesta ocasión os nenos e nenas de infantil plantamos sementes de cabaza. De cara ao Outono teremos unhas fermosas cabazas e as vindeiras chulas  que fagamos no taller de cociña serán da nosa propia colleita!

embedded by Embedded Video

MEDRANDO CADA VEZ MÁIS…

lunes, marzo 29th, 2010

Lembrades os BULBOS que plantaron os nen@s hai tres semanas? Daquela eran pequeniños e mirade agora como medran! Sen dúbida, a chegada da PRIMAVERA, a choiva e o sol axudan moito e xa temos ganiñas de ver as flores que sacan. Haberá que esperar un pouco máis…

INFANTIL PLANTA AMORODOS!

domingo, marzo 28th, 2010

Siii! Primeiro os nen@s prepararon o terreo para a plantación, remexeron na terra e cada un deles sementou unha planta de amorodos. Agora que xa as plantamos, requiren dos nosos coidados!

Estamos desexando que saian para probalas!!

embedded by Embedded Video

NA PROCURA DO NOSO XARDÍN!

domingo, marzo 14th, 2010

Aquí vos deixamos este video para que vexades o que supuxo por parte do noso alumnado a implicación neste proxecto de VOZ NATURA. Que marabilla comprobar como entre tod@s respectamos a natureza, coidamos o noso entorno e enchemos o noso patio e terreo escolar de plantas, flores e árbores preciosas e cheas de vida!

A que ti tamén queres participar?

embedded by Embedded Video

A PLANTACIÓN EN IMAXES!

domingo, marzo 14th, 2010

A pasada semana todo o cole de Sobrada estivo implicado no proxecto de educación medioambiental VOZ NATURA co que esperamos conseguir sacar adiante o noso XARDÍN BOTÁNICO e a nosa HORTA ESCOLAR. Comezamos a plantación de multitude de especies arbóreas e plantas medicinais, ornamentais, flores e froitos da horta. Aquí vos deixamos unha mostra en imaxes do grande traballo que levou a cabo o noso alumnado.

Lembrade pinchar en cada foto para agrandala

O CICLO DE INFANTIL plantou cicláminos, tulipáns, narcisos, xacintos.. En breve poderedes ollar as fotos da plantación de fresas e cabazas da que tamén se encargaron os máis peques do cole.

Os nenos e nenas do PRIMEIRO CICLO encargáronse das PLANTAS MEDICINAIS.

O SEGUNDO CICLO quixo plantar arbustos e PLANTAS ORNAMENTAIS

Os alumn@s do TERCEIRO CICLO encargáronse de plantar diversas especies de ÁRBORES

ojd