Entradas para la categoría ‘Entroido 10’

ENTROIDO MEDIOAMBIENTAL EN SOBRADA!

sábado, marzo 6th, 2010

O pasado día 12 de Febreiro celebramos a chegada do entroido no noso cole. A temática para a confección dos disfraces estivo relacionada coa educación medioambiental baixo o lema “SOLIDARIOS CO PLANETA”. Por sorte, tivemos bo tempo e puidemos desfilar sen problemas polo patio. Aquí tedes un adianto do bonitas e lucidas que foron todas as comparsas, por non falar das exquisitas sobremesas de entroido que puidemos degustar gracias ás familias. Mmmmmm!

embedded by Embedded Video

A FAUNA DAS ILLAS ATLÁNTICAS

embedded by Embedded Video

O alumnado de primeiro ciclo intentou concienciar á xente da importancia de coidar a flora e a fauna de todo o noso o planeta. Para iso disfrazáronse de especies animais propias das illas atlánticas, como son os mexillóns, as nécoras, as píntegas e os araos papagaios, e compuxeron esta canción que aparece no vídeo. Por si non se aprecia ben a letra, aquí podedes vela escrita.

FAUNA DAS ILLAS ATLÁNTICAS

NÉCORAS,MEXILLÓNS

PÍNTEGAS E ARAOS

CHEGAN A SOBRADA

PARA CONCIENCIARNOS

A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS

AS NOSAS NÉCORAS

COAS SÚAS PINZIÑAS

COLLEN CON MOITO TINO

AS SÚAS COUSIÑAS

A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS

OS MEXILLÓNS

DAS NOSAS ROCHAS

ESTÁN A SALVO

DAS MARAGOTAS

A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS

NEGRAS E AMARELAS

COMO AS ABELLAS

CHEGAN AS PÍNTEGAS

ARRASTRO POLAS PEDRAS

A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS

VOANDO POLO OCÉANO

CO SEU PICO DE CORES

O ARAO PAPAGAIO

CHEGA DE MOI LONXE

A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI TÉS QUE SALVARNOS

embedded by Embedded Video

 Aquí tedes o rap do medio ambiente interpretado polo alumnado do 2º ciclo do cole. Con esta letra tan comprometida pretenden facer unha chamada de atención a todo o mundo para que reflexione sobre os seus actos cara o medio ambiente.

RAP DO MEDIO AMBIENTE

 

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR

 

 

OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR

 

 

QUEREMOS O COSMOS

DE LIXO LIMPAR

DE TANTA CHATARRA

COMO HAI A FLOTAR

 

 

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR

 

 

OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR

 

 

QUEREMOS AIRE LIMPO

SEN CONTAMINAR

PARA CON SAÚDE

PODER RESPIRAR

 

 

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR

 

 

OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR

 

 

QUEREMOS QUE A TERRA

DEIXE DE CHORAR

DE TANTA DESFEITA

QUE ESTAMOS A PROVOCAR

 

 

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR

 

 

OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR

 

 

QUEREMOS UN MAR

SEN ENVELENAR

LIBRE DE VERQUIDOS

PARA DEL GOZAR

 

 

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR

 

 

OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR

 

ojd