Entradas para la categoría ‘Conmemoracións’

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

domingo, junio 5th, 2011

O día mundial do medioambiente é un evento anual que busca ser o día máis extensamente celebrado a nivel mundial, mediante unha acción medioambiental positiva. As actividades do día mundial do medioambiente realízanse durante todo o ano, pero o seu puntó máis alto é cada ano o 5 de xuño coa participación de persoas de todos os lugares xeográficos.
Na planta de Peugeot Citroén de Vigo participaron 1.500 persoas nunha bicicletada co obxectivo de que todo o que xenera a empresa poida reutilizarse,intentando eliminar todo tipo de residuos.

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

martes, marzo 22nd, 2011
Hoxe, 22 de Marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
Esta celebración comezou en 1992 en Río da Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar, fomentar e concienciar ás persoas e ás nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial, realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos, así como á educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.

Coidémola!!!.

Para que chegue á túa casa, a auga fai un longo percorrido. Primeiro de nada, é almacenada nunha represa. De alí, envíase á planta de potabilización, onde se somete aos procesos de cloración (eliminando algas e bacterias), aireación (para eliminar malos sabores e cheiros), sedimentación, filtración (para eliminar o lodo) e unha segunda cloración. Logo, poderosas bombas eléctricas fan circular a auga a través dun complexo sistema de tubaxes. Necesítase moita enerxía e cartos para bombear auga potable as 24 horas do día. Finalmente, a auga que consomes na túa casa, desemboca nunha rede de cloacas, e desta maneira, o ciclo comeza unha e outra vez.


Só o 1% das reservas mundiais de auga está en África, América, Asia, Europa e Oceanía. A primeira vista, a auga presente nos continentes parece abundante, pero en realidade, non o é. As reservas de auga da Terra distribúense así: Océanos e mares (97%), Casquetes polares e glaciares (2%), Augas subterráneas (0,75%), e Ríos e lagos (0,25%).

 embedded by Embedded Video

embedded by Embedded Video

PAZ NO PLANETA

sábado, enero 29th, 2011

Co gallo do Día da Paz, queremos deixarvos este video sen dúbida para reflexionar.

embedded by Embedded Video

15 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

viernes, octubre 15th, 2010

Cada ano 3,5 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos morren debido a enfermidades diarreicas e infeccións respiratorias agudas, segundo UNICEF.

Por terceiro ano consecutivo, hoxe (15 de Outubro) celébrase o DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS: Unha xornada de sensibilización sobre a importancia de lavarse as mans con auga e xabón, que é unha das intervencións de saúde máis eficaces e económicas que existen.
Converter o lavado de mans con xabón nun hábito arraigado podería salvar máis vidas que calquera simple vacina ou intervención médica, reducindo o número de mortes por diarrea en case a metade e as mortes por infeccións respiratorias agudas nunha cuarta parte.

Unha práctica xeneralizada do lavado das mans con xabón contribuirá de forma importante á consecución do Obxectivo do Milenio relativo á redución do número de mortes entre os nenos e nenas menores de cinco anos para o ano 2015.

embedded by Embedded Video

Coa lema “Máis que só un día”, campaña do Día Mundial do Lavado de Mans aspira a que os 200 millóns de escolares de 80 países de todo o mundo que participan na campaña este ano, convértanse en axentes efectivos do cambio.

22 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL SEN COCHE

miércoles, septiembre 22nd, 2010
Dentro da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, hoxe celébrase o “DÍA MUNDIAL SEN COCHES”, que ten como principal obxectivo potenciar o uso do transporte público como medio alternativo e concienciar aos cidadáns dos efectos que os automóbiles teñen sobre o medio ambiente.
Os ecoloxistas chaman a atención sobre as consecuencias que o uso do vehículo ten no medio ambiente. Segundo o Instituto de Aforro da Enerxía (IDAE), por cada litro de gasolina consumido, un coche emite 2,3 kg de dióxido de carbono (CO2); e por cada litro de gasóleo, un 2,6 kg de CO2. Por iso debemos concienciar á cidadanía sobre o feito de que a moderación no uso do coche evita a emisión de gases de efecto nocivo.

O uso da bicicleta, unha alternativa clave para o futuro da mobilidade urbana, ademais de non contaminar, é bo para a nosa saúde e fai das nosas cidades e pobos espazos máis sans e sustentables lugares onde pasear en familia non supoña avanzar en ringleira; onde os nenos poidan xogar nas rúas e non sexa necesario acompañalos cada día á escola porque percibimos o camiño como un perigo; onde ir en bicicleta sexa seguro e cómodo, sexan pequenos ou maiores quen a utilizan; onde podamos sentarnos nunha terraza e ler o xornal ou un libro sen respirar fumes de coches mentres os nenos xogan na rúa e onde se poida aparcar o coche rapidamente cando teñamos realmente que utilizalo.

embedded by Embedded Video

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

lunes, junio 7th, 2010

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS por unha iniciativa canadense.

Os océanos cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccións coa atmosfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel relevante na conformación das condicións que fan posible as distintas formas de vida do planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos.
Unha das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, a quenlla, o peixe espada e as poboacións de merlín.
En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o ano 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS OCÉANOS?
– Reducir de forma significativa o tamaño das frotas industriais;
– Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
– Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
– Pór en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
– Loitar contra os efectos do cambio climático;
– Acabar coa contaminación mariña;
– Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao o medio mariño;
– Protexer os ecosistemas costeiros.

embedded by Embedded Video

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

viernes, junio 4th, 2010
O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.
Baixo a lema “Moitas especies. Un planeta. Un futuro”, o evento deste ano celebrará a incrible diversidade de vida na Terra como parte do Ano Internacional da Biodiversidade 2010.
A sede deste ano é Ruanda, un país de excepcional biodiversidade que fixo grandes progresos en temas de protección ambiental, e liderará as celebracións con tres días de eventos de apertura.

embedded by Embedded Video

Organizaranse tamén miles de actividades en todo o mundo desde Hong Kong a Abidján, con limpezas de praias, concertos, exposicións, festivais de cine, eventos comunitarios e moito máis.

Pola nosa parte, toda a comunidade educativa podemos contribuir á celebración deste día asistindo á FESTA DE VOZ NATURA mañá sábado, 5 de xuño, de once da mañá a oito da tarde, no parque de Acea de Ama (Culleredo – A Coruña). Esta é a gran cita do medioambiente en Galicia. Unha festa con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que queiran gozar dunha xornada chea de actividades, xogos, deportes, exposicións e… dunha magnífica OBRA DE TEATRO sobre o mar dos nenos de 2º ciclo que xa representaron maxistralmente no festival do cole e que non debedes perdervos.

Vai ser todo un acontecemento! Animádevos a vir!

(Pincha no cartel para ter máis información sobre a festa de Voz Natura)

9 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS

domingo, mayo 9th, 2010
O Día Mundial das Aves Migratorias é celebrando anualmente o 9 de maio e ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de protexer ás aves migratorias e os seus hábitats en todo o mundo.


A principal razón para a migración das aves ten que ver co cambio das estacións e a busca de alimento. A partires da mesma, conéctanse ecosistemas, pobos e culturas. Moitas especies de aves fan movementos previsibles e regulares que implican a poboacións enteiras. Por exemplo, existen aves que nidifican no hemisferio norte e unha vez rematada a nidificación, abandoan os seus centros reproductivos, como parte do seu ciclo natural de vida, para desplazarse a zonas menos frías e con maiores recursos alimenticios. Este periodo alóngase de 4 a 6 meses para despois reiniciar a súa volta.

embedded by Embedded Video

26 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO

domingo, abril 25th, 2010
Hoxe, 26 de Abril, celebramos en todo o mundo o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO. Así que fagamos un pouco de silencio e teñamos en conta as molestias que poderiamos causarlle aos nosos veciños e a nós mesmos.
Este día foi instaurado pola liga para o Deficiente Auditivo, en Nova York. O obxectivo é informar e sensibilizar sobre os efectos do ruído na audición, a saúde e a calidade de vida.
As consecuencias que a contaminación acústica provoca na saúde reflíctense tanto a nivel fisiológico como psicolóxico e os efectos destes poden levar á persoa que o padece a sufrir tensión, diminución do rendemento laboral ou alteracións do soño.

Outro dos efectos psicolóxicos da contaminación acústica é a perda de atención, concentración e rendemento. En certos casos as consecuencias será duradeira, por exemplo, os nenos sometidos a altos niveis de ruído durante a súa idade escolar non só aprenden a ler con maior dificultade senón que tamén tenden a alcanzar graos inferiores de dominio da lectura.
Para contrarrestar un ruído excesivo, hai métodos activos e pasivos, e en efecto estes últimos son os máis empregados. As persoas tentan insonorizar as súas vivendas con pantallas acústicas, materiais porosos, soportes antivibratorios, etc.

embedded by Embedded Video

En calquera caso, nós, podemos contribuír a que diminúa a contaminación acústica. Iso significa evitar producir ruído, por unha banda, pero tamén ser capaces de chamar a atención a quen o provoque de forma innecesaria e excesiva. Hai moitos ruídos que se poderían evitar: golpes fortes de portas, música alta en casa, televisores a todo volume, falar mentres explica o/a mestre/a…

A NATUREZA ESTÁ PRESENTE NO “DÍA DO LIBRO”

domingo, abril 25th, 2010

O pasado venres, 23 de Abril, celebramos o “Día Internacional do Libro”, que este ano, tendo en conta o eixo transversal de todos os nosos traballos: EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, estivo adicado á natureza. O alumnado de Infantil quixo festexalo coa confección dun libro máxico, do cal polas súas páxinas brotan follas, flores e froitos propios da estación que nos ocupa: A Primavera.

ojd