Entradas para la categoría ‘BENVIDA’

NOVO CURSO E NOVAS METAS!

sábado, septiembre 18th, 2010

Benvidos ao novo curso escolar 2.010-2.011!. Como parte integrante da comunidade VOZ NATURA, o Ceip de Sobrada continuará traballando na procura dun mundo máis limpo e da mellora medioambiental. Este curso a protagonista será a AUGA, o seu aforro e uso sostible e as actuacións sobre ecosistemas fluviais e marinos. Debemos sensibilizar ó alumnado sobre a importancia da agua como fonte de vida e traballaremos co obxectivo de protexer este valioso recurso.

embedded by Embedded Video

O consumo de auga contaminada ou non potable, provoca o 88 % das enfermidades no mundo. Asegurar  o seu acceso a todos os habitantes, podería salvar a vida de 1,4 millóns de nenos/as cada ano.

embedded by Embedded Video

UN COMEZO ROCKEIRO!

embedded by Embedded Video

UNHA NOVA ANDAINA…

sábado, febrero 27th, 2010



Benvidos a todos e todas ao Blogue de Voz Natura do Ceip de Sobrada!

Este curso e os vindeiros comprometémonos co programa VOZ NATURA na procura dun mundo máis limpo e do respeto polo medio natural. Dende aquí poderedes informarvos acerca das novidades e actividades relacionadas coa natureza que fagamos no noso cole.

Lembrade que este ano traballamos a EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL como eixo vertebrador dos nosos traballos e estamos preparando o terreo para ter a nosa HORTA ESCOLAR en funcionamento. A partires do día 1 de Marzo todos os ciclos comezarán a plantar e teredes aceso dende este blog a todos os avances da nosa horta.

Nós respetamos a natureza e coidamos o planeta… e ti?

ojd