Escrito por ceipsobrada 5 de junio de 2011 a las 21:04h
O día mundial do medioambiente é un evento anual que busca ser o día máis extensamente celebrado a nivel mundial, mediante unha acción medioambiental positiva. As actividades do día mundial do medioambiente realízanse durante todo o ano, pero o seu puntó máis alto é cada ano o 5 de xuño coa participación de persoas de todos os lugares xeográficos.
Na planta de Peugeot Citroén de Vigo participaron 1.500 persoas nunha bicicletada co obxectivo de que todo o que xenera a empresa poida reutilizarse,intentando eliminar todo tipo de residuos.
Escrito por ceipsobrada 2 de mayo de 2011 a las 20:13h
O alumnado de 1º ciclo realizou estas flores con material de refugallo como papeis de xornal ou botellas de plástico, co motivo do traballo da agricultura levado a cabo nas aulas.
Escrito por ceipsobrada 28 de abril de 2011 a las 18:16h
Pois como chegou o bo tempo haino que aproveitar para plantar algunhas plantas máis no noso entorno escolar. Aproveitando que este ano imos a contar cun estanque novo, estámoslle creando un entorno o máis natural posible.
Escrito por ceipsobrada 28 de abril de 2011 a las 18:09h
Aquí se pode apreciar unha pequena mostrado que están a facer todos os alumnos e alumnas do noso centro. Están a decorar unhas pedras ou cantos rodados personalizándoos para que formen parte da paisaxe na que vai a quedar ubicado o estanque que estamos a construir.
Escrito por ceipsobrada 28 de abril de 2011 a las 18:00h
O alumnado do colexio segue aproveitando este bo tempo do que estamos a disfrutar para avanzar na pintura do muro do colexio que ten como tema principal a auga.
Cada vez vaise adiviñando máis o que se quere expresar.
Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo nunha das aulas de Infantil. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias. Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.
Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.
Escrito por ceipsobrada 27 de abril de 2011 a las 12:05h
Como se poden observar nestas imaxes o alumnado do colexio comeza a colorear o muro cun mural referente ó mundo da auga. Como estamos comezando coa pintura non daremos máis pistas sobre o que se pretende representar. Se alguén se atreve a descifrar o produto final pode deixarnos un comentario coa súa opinión.
Conforme vaiamos avanzando co mural poderédelo ir vendo neste blog.
Escrito por ceipsobrada 10 de abril de 2011 a las 12:11h
Todos os venres toca facer unha limpeza de patio. Todos os cursos van rotando polo patio, provistos de luvas e bolsas de plástico para deixar o noso colexio o máis limpo posible.