FESTA FLOWER POWER POLO DÍA DO LIBRO

COA CHEGADA DA PRIMAVERA,

CADA UN DOS 9 GRUPOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

TIVO QUE ESCOLLER UN CADRO NO QUE A PROTAGONISTA FOSE UNHA FLOR

AS OBRAS ESTÁN EXPOSTAS NAS PORTAS DE CADA AULA, XUNTO CO AUTOR/AUTORA

E ESTAS SON AS FLORES E OBRAS SELECCIONADAS

3 ANOS A: A ROSA

100_8720

3 ANOS B: A HORTENSIA

100_8713

3 ANOS C: O XIRASOL

100_8709

4 ANOS A: A CALA

100_8708

4 ANOS B: O RANÚNCULO

100_8714

4 ANOS C: A MARGARIDA

100_8716

5 ANOS A: O TULIPÁN

100_8721

5 ANOS B: A PAPOULA

100_8719

E 5 ANOS C: O NENÚFAR

100_8710

ESCOLLIDAS E TRABALLADAS A OBRAS, OS AUTORES E AS FLORES;

PARA O DÍA DO LIBRO, O 23 DE ABRIL,

CADA NENO E NENA FIXO A FLOR PROTAGONISTA DO SEU CADRO

PARA REGALARLLA A UN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA DOUTRO GRUPO

PERO… A QUE GRUPO?

MAPA

AO CHEGAR ESE DÍA Á ESCOLA

CADA AULA TIÑA, PEGADO NO SEU ENCERADO, UNHA MENSAXE ANÓNIMA

PERO CUNHA PISTA CLAVE PARA ATOPAR A QUEN VISITAR

ASÍ QUE, AO LONGO DA MAÑÁ, REALIZAMOS DIFERENTES INTERCAMBIOS:

TÓDOLOS GRUPOS REGALARON E RECIBIRON UN LIBRO E UNHA FLOR

100_8689.jpg RECORTADA

MARGARIDAS, PAPOULAS, ROSAS, TULIPÁNS, NENÚFARES, CALAS, RANÚNCULOS, HORTENSIAS E XIRASOIS

FOI UN DÍA MOI ESPECIAL

PODEDES VER FOTOS DOS DIFERENTES INTERCAMBIOS NOS BLOGS DAS AULAS

E, ADEMÁIS, NOS VINDEIROS DÍAS, SUBIREMOS UN VÍDEO SOBRE A FESTA DAS FLORES POLO DÍA DO LIBRO

PORQUE, DESPOIS DOS AGASALLOS, TODOS E TODAS XUNTOS E XUNTAS FOMOS A UN CONCERTO DA MESTRA GLORIA, A CANTANTE DE MAMÁ CABRA

E BAILAMOS AO AIRE LIBRE ATA A HORA DE SAÍR

ESTADE ATENTOS E ATENTAS!

Esta entrada fue publicada en Mundo verde. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *