Reciclaxe solidaria

O luns, 23 de abril, viñeron buscar os 9 sacos de tapas que xuntamos para Diogo. Cada tapa significa moito para a persoa que as necesita. Os nenos e nenas do Ceip de Seixalbo mostraron, día a día, a súa solidariedade. Moitas grazas! Recordade que seguimos recollendo tapas ata fin de curso.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Día da terra

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Publicado en Sin categoría | 1 comentario

A primavera

Nesta estación podemos observar a natureza no seu máximo esplendor. Disfrutade destas fermosas imaxes:

 embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Razóns polas que plantar unha árbore:

O obxectivo desta actividade era concienciar os rapaces e rapazas sobre a importancia das árbores. Por iso, durante estes días estiveron a traballar sobre este tema cos seus mestres e mestras e, posteriormente, decoraron unha folla cunha mensaxe relacionada co tema. Aquí tedes unha mostra delas.

E como traballaron moito aquí van máis mensaxes.

Publicado en Sin categoría | 3 comentarios

Viva o entroido!!!

 

bosque foi o protagonista  este curso no entroido do noso colexio.

 Se o bosque queres ver medrar,

 moitas árbores terás que plantar“.

No desfile puidemos ver árbores, cogumelos, trasnos verdes, flores, defensores da natureza, personaxes de contos, animaliños, etc. ¡Mirade que guapos!. (ver fotos)

 

Publicado en Sin categoría | 1 comentario

Visita do SEPRONA.

O luns, día 13 de febreiro, tivemos a visita no noso centro do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza). Alí faláronnos sobre o traballo da Garda Civil en materia ambiental, sobre a importancia de coidar os nosos montes e como prevenir e actuar en caso de incendios forestais. (FOTOS)

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

CANCIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DAS ÁRBORES.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Publicado en Sin categoría | 3 comentarios

A REFORESTAR!

Nos meses de novembro e decembro estivemos sementando noces, castañas, landras, abelás e piñóns para poder plantar as árbores que nos saian alá polos meses de abril e maio. Chamounos moito  a atención a forma de xerminar dos piñóns pois quedan como sombreiro da planta. Tróuxonos unha mostra deles o noso compañeiro Alexandre de 2º (ver fotos).Os rapaces de 6º plantaron acivros que nos trouxo o profe Herminio. Aquí podedes ver a nosa plantación. ¡Esperemos que nazan moitas!

Publicado en Sin categoría | 5 comentarios

Reciclaxe solidaria.

 No noso colexio iniciamos unha “Campaña solidaria de axuda a Diogo“. Diogo é un neno portugués de Caminha que naceu sen unha man. Unha empresa de reciclaxe ofreceuse para sufragar os gastos da operación para colocarlle unha prótese a cambio de toneladas de tapas. Por iso, estamos a recoller tapas para entregarlle posteriormente á súa familia. Á entrada do colexio atoparedes unha caixa onde depositalas.

 

¡XA CONSEGUIMOS UN SACO!

GRAZAS POR COLABORAR E A SEGUIR RECICLANDO.

Publicado en Sin categoría | 6 comentarios

A festa da cabaza.

O día 27 de novembro houbo unha exposición de cabazas que decoraron os nenos coas súas familias (FOTOS).  Alí tamén puidemos ver o libro elaborado polos alumnos do centro.

Tamén vimos un video do conto “Corre,corre cabaciña”:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

GRAZAS  a todos!

Publicado en Sin categoría | 6 comentarios