QUEN SOMOS

Somos un cole modesto, pequeno, dunha soa liña, ubicado na costa de Lugo, en Viveiro.  Temos o privilexio non só de disfrutar deste enclave único de paisaxe variada, que se move entre praias e verdes campos e montañas; tamén somos previlexiados ao poder disfrutar dun  amplo espazo verde que conforma o  patio do centro.

Somos unha gran familia de 163 nenos e nenas e 16 profes, que compartimos día a día ilusións, traballo e gañas por aprender uns dos outros e de toda aquela ocasión que se nos pon ao alcance. É por iso que ano a ano participamos no programa Voz Natura.

Cada proxecto no que nos embarcamos nos aporta algo, unha temática nova, un reto interesante, unha oportunidade de aprender uns de outros, e facer cousas xuntos. E  cando dicimos xuntos, queremos dicir todos e todas xuntos porque aquí temos cabida todos, incluso as familias, que unha e outra vez colaboran e cada vez máis; asociacións, que se suman aos nosos proxectos; e, como non, estamos abertos a todos aqueles que queiran ter parte neste gran xogo de aprender.

Benvidos ao noso espazo verde!