Os nenos e nenas de 1º seguimos investigando.

Seguimos co plantexamento de experimentar con sementes e plantas para aprender sobre o seu comportamento.

O mellor xeito de saber sobre estes seres vivos é comprobando o seu comportamento en distintas situacións. Por exemplo, serías capaz de dicirnos si é preciso enterrar unha semente en terra para que xermine?

Os nenos e nenas de 1º fixéronse esta pregunta, porque, que pasa no monte coas sementes que caen das árbores si non hai ninguén para sementalas baixo terra?

Publicado en EXPERIMENTAMOS CON PLANTAS | Etiquetado , , , | Deja un comentario

É o turno dos nenos e nenas de 1º…

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 1º de Primaria quen se plantexan unha experiencia sobre a plantación.

O plantexamento é moi simple: onde medrará mellor, si é que medra, unha landra? En terra?. En area con terra?…? Serías quen de contestalo?

Non te preocupes se non o tes claro porque eles cho van a explicar, non perdas detalle!

Publicado en EXPERIMENTAMOS CON PLANTAS | Etiquetado , , | Deja un comentario

Os de 4 anos experimentamos no campo…

Xa vistes que ímos a preparar actividades de experimentación na natureza. Isto débese a que temos tamén un proxecto de Club de Ciencia e isto nos permitirá entender un pouco mellor aos seres que nela conviven no medio natural: plantas, animais,… e incluso a nós mesmos.

Esta é a primeira experiencia que poñen en práctica os nenos e nenas de 4 anos na que van investigar e aprender sobre as miñocas

 

Publicado en EXPERIMENTAMOS CON PLANTAS | Etiquetado , , | 2 comentarios

ReForest-ACCIÓN!!!

Queridos amigos e amigas, se chegastes a ler o noso proxecto para este curso, veríades que nos ímos mover en varias liñas de actuación, e aínda que todas elas teñan unha mesma finalidade, teñen unha función e desempeño distintos. É por iso que, aínda que iremos clasificando as actividades relacionadas coas distintas accións en apartados diferentes, sempre empezaremos por presentalas aquí, para que sexan máis visibles e doadas de atopar.

Neste caso ímos falar dunha das metas que nos marcamos de xeito conxunto como Comunidade Educativa: a reforestación dos nosos montes.

O plantexamento desta primeira actividade parteu dunhas premisas moi simples:

-Partimos da información:

Mediante asembleas en grupos para falar  das condicións e elementos necesarios para o sembrado das landras. Neste punto valoramos qué habíamos empregar para a sembra,  uns bricks reciclados, e qué condicións debían reunir estes recipientes.

-O proceso secuenciado e razoado basándonos no que sabiamos:

Había que furar os bricks porque precisabamos drenaxe. Decidiuse tamén qué empregaríamos para as capas de suelo , neste caso area no fondo e terra na parte superior.

Decidiuse tamén cal sería o sitio optimo para colocar os recipientes segundo as condicións necesarios para o seu crecemento.

-E o máis importante: todos e todas participaríamos: nenos e nenas, profes, cociñeiras, conserxe, nais, pais,…

Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, aquí vos deixamos o vídeo no que poderedes ver todo o proceso. Disfrutádeo!!!

Publicado en RE_FOREST_ACCIÓN | Etiquetado , | 2 comentarios

Empezando polo principio…

Ímos comezar dende o principio…Din que é así como se empezan as cousas, e nós non habiamos facelo doutro xeito. Por iso, decidimos ter claro que debemos coñecer un pouco mellor  o noso entorno máis próximo, o patio que rodea o centro, e os seus “habitantes”

Pretendemos ter centradas as zonas do patio e as plantas e árbores que temos en cada unha e que fumos plantando cada vez que tivemos ocasión: No Día da Árbore, nalgún proxecto Voz Natura anterior ou con algún regalo das familias.

Teremos que ubicar as distintas plantacións e organizar unha pequena guía que nos aporte información básica sobre elas.

Xa vos iremos contando!

Publicado en Proxecto 2018-2019 | Etiquetado | Deja un comentario