Interdisciplinariedade

Os que nos coñecedes sabedes que soemos ter en marcha varios proxectos e programas ao longo do curso. Por iso non vos resultará novedoso que unha vez máis conxuguemos os proxectos deste ano de xeito que estean interconectados.

Entendemos que a aprendizaxe que temos debe ser global; non aprendemos por temáticas ou áreas distintas na vida real polo que para nós, os temas están interrelacionados, e por iso, os proxectos tamén.

Este curso temos, á marxe de Voz Natura, outros proxectos como Club de Ciencia e Robótica, e tal e como acabamos de explicar, van a estar íntimamente relacionados de xeito que as experiencias e actividades terán que ver con varios a un tempo.