GALDONATURA. Soñando mares transparentes.Curso 19-20

Podemos dicir que a temática desta nova convocatoria nos favorece moito considerando o perfil que o centro leva trazando nestes últimos curos, porque suxire algunhas das liñas de actuación que xa temos iniciadas anteriormente.

Engadido ao anterior, a vantaxe do noso enclave, favorecedora neste respecto, xa que contamos con varias praisas como Covas, Abrela, Area, entre outras, e e estamos moi próximos ao ría Landro.

É por isto e porque nos parece o xeito de obter un resultado máis evidente, que no proxecto para este curso estableceremos dúas liñas de traballo ben diferenciadas pero complementarias:

-Por unha banda estarían as accións directas sobre o entorno, como a limpeza de praias principalmente. Este tipo de accións non son novas para nós posto que soemos incluílas na medida do posible dentro das saídas dalgúns dos nosos grupos durante as campañas que propoñemos durante o curso. Neste caso tamén teriamos ocasión de plantexarnos accións similares no río Landro ao estar moi próximo ao centro.

En ambos casos intentaríase involucrar ao Concello e incluso a outros centros, a ser posible de xeito directo, visitando outros centros da localidade, como por exemplo o EEI San Roque, para que os nosos alumnos os informen sobre as accións levadas a cabo.

Neste bloque somos partidarios de incluír andainas ao río Landro ou á praia de Covas para inculcar a importancia do exercicio na nosa vida diaria, para o noso benestar persoal e saúde, ademais de desfrutar do paseo no medio natural.

-Por outro lado, teriamos o grupo de accións específicas que o centro levaría a cabo para o alumnado, profesorado involucrando ao resto da Comunidade Educativa como alternativa ao uso de plásticos.

Nesta liña, o centro tamén ten iniciada algunha acción ao respecto, como : charlas informativas ao alumnado e por parte do alumnado a compañerios e compañeiras doutros grupos: decoración de bolsas de tea con lemas alusivos ao coidado do medio para ser usadas como alternativa ás de plástico. E no presente curso,sen ir máis lonxe, este Entroido, o centro decidiuse a eliminar o plástico na elaboración dos disfraces e empregar elementos reciclados nos mesmos. Ademais neste caso, a súa temática inspirouse no Programa Voz Natura da presente edición, o respecto e coidado dos nosos montes, representando tamén durante odesfile, unha coreografía dos destrozos das queimas nos mesmos.

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

OBXECTIVOS
1.- Implicar a toda a comunidade educativa no noso proxecto (mestres, alumnado, nais e pais, conserxe, coidadora, cociñeiras…) neste curso especialmente a nais e pais, como obxectivo de concienciación máis aló do noso alumnado.
2.- Continuar coas actividades de cultivo, plantación, recollida,… incluíndo a participación
directa e axuda das familias no calendario de traballo.
3.- Plantar algunha árbore máis, aproveitando ademais celebracións como o Día da Árbore
e a Auga.
4.- Continuar coa clasificación e descrición das árbores do noso patio para incluír as súas fichas no noso blog, no apartado correspondente e creado a tal fin.
5.- Educación Mediambiental. Información e formación sobre o coidado dos cultivos así como a eliminación das diferentes pragas de xeito ecolóxico.6.- Estimular a conciencia ambiental e promover o pensamento crítico e a solución de problemas, entre os profesores e as profesoras e o alumnado, axudándolles a involucrarse activamente na exploración do seu medio ambiente inmediato a través da comprensión de certos conceptos e realizando algunhas actividades relativas á Paisaxe, a Auga e a Vida Silvestre, orientándoos a unha Acción Positiva.

7.- Fomentar o compromiso cun código de conduta en consonancia co medio, coa idea de crear hábitos e actuacións para mellorar o entorno máis próximo.
8.- Coñecer os principais problemas medioambientais do entorno particular para chegar aos do mundo en xeral, así como as intervencións que se poden facer para mitigalos.
9.- Traballar de forma colaborativa apreciando o coidado pola seguridade propia e a dos seus compañeiros/as, coidando as ferramentas e facendo un uso axeitado dos materiais.
10.- Manifestar respecto cara ao contorno e o medio natural nos xogos e actividades ao aire libre.
11.- Intercambiar experiencias con outros centros que estean en Voz Natura.
12.- Promoción e difusión das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Mantemento e actualización frecuente do noso blog, elaborando trípticos para compartir con bibliotecas doutros centros, entidades e biblioteca municipal.