Unha nova modalidade de recreos

Dende hai casi dous meses, disfrutamos de novas modalidades de recreos.

Agora temos opcións varias para o tempo de lecer. Acabouse que todo o recreo xire entorno a un balón, cordas, libros e xogos de tableiro, agora temos outras opcións que podemos decidir de xeito voluntario: gravar as leccións de mates ou lingua, entrevistar aos profes e outras persoas da comunidade para varios proxectos do centro, entre eles Voz Natura, controlar a estación meteorolóxica… e ademais, traballar no horto e invernadoiro.

Si, agora levamos as nosas botas de traballo, e voluntaria e libremente nos apuntamos no calendario de traballo para facer o que se precise no horto e invernadoiro. Encántanos esta opción, ata o punto que somos tantos e tantas a apuntarnos, que o plantexamento inicial era  facelo unicamente os xoves, e agora decidiuse que habería opción todos os días da semana. Incluso así, hai semanas en que, aínda que a moitos nos gustaría, non conseguimos ir máis dunha vez.

avatar

Acerca de galdo

Somos un cole modesto e pequeno da Mariña Lucense, ubicado na localidade de Galdo, Concello de Viveiro. As nosas instalacións inclúen unha extensa área verde chea de árbores froiteiras e ornamentais que fan do noso patio un lugar único para disfrutar dos tempos de lecer.
Esta entrada fue publicada en PLANTACIÓNS E INVERNADOIRO. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *