Sacando as malas herbas…

Os pequenos e pequenas seguimos preparando o noso horto.

Primeiro, e coma sempre, a profe Inés explícanos o que ímos facer, razoamos entre todos porqué é importante facelo e para qué ( porque agora somos casi expertos en coidados das plantas) e por último, e coa súa axuda e a das nosas profes,poñémolo en práctica.

Non só preparamos a plantación durante días, semanas, senón que tamén temos conta de todos os coidados que o noso horto precisa, como neste caso. Adicamos as tardes da pasada semana, e aproveitando que os días tamén invitaban a estar fóra, para comprobar a nosa plantación e limpar o terreo e quitar as malas herbas.

avatar

Acerca de galdo

Somos un cole modesto e pequeno da Mariña Lucense, ubicado na localidade de Galdo, Concello de Viveiro. As nosas instalacións inclúen unha extensa área verde chea de árbores froiteiras e ornamentais que fan do noso patio un lugar único para disfrutar dos tempos de lecer.
Esta entrada fue publicada en HORTO INFANTIL, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *